O Grupo A da UEFA Euro 2012, realizada conxuntamente entre Polonia e Ucraína, estivo composto por catro equipos, que se enfrontaron entre si nun total de seis encontros. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos, a República Checa e Grecia, clasificáronse á seguinte fase. Os partidos do grupo xogaronse todos en Polonia, entre o Stadion Narodowy de Varsovia e o Stadion Miejski de Wrocław.
Na última Clasificación Mundial da FIFA que viu a luz antes da celebración desta Eurocopa (6 de xuño de 2012), Rusia ocupaba o posto número trece, Grecia o lugar número quince, a República Checa o vinte e seis e Polonia o sesenta e cinco. A media do grupo correspondía ao lugar número trinta, sendo con exclusión da máis baixa clasificación (Polonia), o rango medio de dezaoito. O equipo que ocupou o primeiro lugar, República Checa, enfrontouse contra o segundo do Grupo B, Portugal, mentres que o que ocupou o segundo posto, Grecia, enfrontouse contra o primeiro do grupo B, Alemaña.
Participantes
O Grupo A estivo composto polas seguintes seleccións:[1]
Clasificación
Partidos
Polonia - Grecia
Rusia - República Checa
Grecia - República Checa
Polonia - Rusia
República Checa - Polonia
Grecia - Rusia
- Nota: Os horarios dos encontros corresponden a Polonia (UTC+2).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas