Explorer 47, tamén coñecido como IMP-I ou IMP-7 (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform I ou 7), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 23 de setembro de 1972 mediante un foguete Delta 1604 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]
Características
A misión de Explorer 47 foi estudar o plasma interplanetario, as partículas enerxéticas cargadas e os campos magnéticos a distancias lunares. A nave tiña forma de poliedro de 16 caras, cunha altura de 157 cm e un diámetro de 135 cm. A nave estabilizábazase mediante xiro, cun período de rotación de 1,3 segundos, co eixo de xiro perpendicular ó plano da eclíptica. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares que recubrían a superficie do satélite e que alimentaban unha serie de baterías. O satélite transmitía datos a unha velocidade de 1600 bps.[2][5][6]
Explorer 47 foi inxectado nunha órbita inicial de 235.639 km de apoxeo e 201.599 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 17,2 graos e un período de 17.702,1 minutos. Funcionou sen problemas ata que foi apagado o 31 de outubro de 1978.[1][3][6]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 47 (IMP-7)" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de marzo de 2013). "IMP-H" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2013. Consultado o 26 de abril de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 4 January 1973 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (73-00736): 2. 10 de xaneiro de 1973. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Explorer 47 / IMP 7" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 26 de abril de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: IMP H, I, J" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2013. [Ligazón morta]
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "IMP" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2013.
Véxase tamén
Outros artigos