Falconsat 3 foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 9 de marzo de 2007 mediante un foguete Atlas V desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]
Características
Falconsat 3 foi un satélite pertencente ó programa Falcon da Forza Aérea dos Estados Unidos de microsatélites para aplicacións e probas tecnolóxicas. A súa misión foi probar un sistema de estabilización do satélite nos tres eixos, ademais de levar tres experimentos adicionais a bordo. A súa masa era de 50 kg e foi inxectado nunha órbita inicial de 570 km de apoxeo e 561 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 35,4 graos e un período de 95,9 minutos.[1][2][3][6]
Os tres experimentos a bordo de Falconsat 3 eran:[5]
- Flat Plasma Spectrometer (FLAPS): analizador electrostático para medir o espectro dos ións.
- Plasma Local Anomalous Noise Environment (PLANE): analizador de potencial retardado capaz de distinguir entre a turbulencia ambiente da inducida polo satélite.
- Micro-Propulsion Attitude Control System (MPACS): un sistema de propulsión en miniatura consistente nun conxunto de propulsores de plasma alimentados por teflón usados para estabilizar o satélite.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "FALCONSAT 3" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (14 de maio de 2012). "FalconSat 3" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "Note verbale dated 13 November 2007 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (07-89382). 21 de decembro de 2007: 5. Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Falconsat-3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "FalconSat 3" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "FalconSat" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
Outros artigos