Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Fall Out Boy

Fall Out Boy
Fall Out Boy en directo no 2006
OrixeChicago, Illinois,
Período2001 - presente
Xénero(s)pop rock, rock alternativo, pop punk
Selo(s) discográfico(s)Decaydance, Island Def Jam, Fueled by Ramen, Uprising
MembrosPatrick Stump
Joe Trohman
Pete Wentz
Andy Hurley
Antigos membrosBen Rose
Mike Pareskuwicz
T.J. Kunasch
Brandon Hamm
Artistas relacionadosArma Angelus, Racetraitor, The Damned Things
Na rede
falloutboyrock.com
IMDB: nm1918389 Facebook: falloutboy Twitter: falloutboy Instagram: falloutboy MySpace: falloutboy Youtube: UC2qWxZHgnlwDvcmLqP23jrA TikTok: falloutboy Souncloud: falloutboy Spotify: 4UXqAaa6dQYAk18Lv7PEgX iTunes: 28673423 Last fm: Fall+Out+Boy Musicbrainz: 516cef4d-0718-4007-9939-f9b38af3f784 Songkick: 315398 Discogs: 318185 Allmusic: mn0000170879 Deezer: 404 Genius: Fall-out-boy Editar o valor en Wikidata

Fall Out Boy, normalmente abreviado como FOB é unha banda americana de rock alternativo de Chicago, Illinois, que se formou en 2001. A banda consta de catro membros: Patrick Stump (cantante principal, guitarra rítmica e compositor principal), Pete Wentz (cantante secundario, baixista e escritor principal), Joseph Trohman (gutarrista principal) e Andrew Hurley (batería). Os seus membros, en principio, tocaban noutras bandas antes de formar Fall Out Boy. Con Pete Wentz como o principal escritor das letras e Patrick Stump como o principal compositor musical, Fall Out Boy pasou de ser unha banda que tocaba en bares e que pouca xente coñecía a conseguir un gran éxito co seu álbum From Under the Cork Tree.

Fall Out Boy gañou varios premios grazas a este álbum de estrea nunha grande discográfica. Lanzado no 2005, o álbum foi dobre platino por vender 2,5 millóns de copias nos Estados Unidos. Para promocionar o álbum, Fall Out Boy realizou xiras por todo o mundo durante os anos 2005 e 2006.

En febreiro de 2007 lanzaron o seu seguinte álbum, Infinity On High, e conseguiron unha mellor posición nas listas, chegando ao número 1 na Billboard 200 ao vender máis de 260.000 copias na súa primeira semana. O sinxelo principal, "This Ain't a Secene, It's an Arms Race", alcanzou o número 1 na Pop 100 e o 2 na Billboard Hot 100. Para promocionar o álbum, a banda tocou no concerto Live Earth, o 7 de xullo de 2007 e noutros tours coma o Honda Civil Tour e os MTV Video Music Awards o 9 de setembro do mesmo ano. No 2008, Fall Out Boy lanzou Folie à Deux.

En 2009 anunciaron un descanso de tempo indefinido, asegurando que non romperan definitivamente senón que necesitaban un descanso e embarcarse en proxectos a parte da banda. Stump lanzou un disco en solitario en 2011 chamado "Soul Punk", mentres que Hurley e Trohman formaron The Damned Things e despois marcháronse a With Knives e Enabler, respectivamente. Fall Out Boy quedou no posto 93 no ranking dos Mellores Artistas do 2000-10 da revista Billboard.

O 4 de febreiro de 2013, Fall Out Boy anunciou a súa volta cun novo álbum, Save Rock and Roll, así como un tour e un novo single.

Historia

Primeiros anos (2001-2002)

Fall Out Boy formouse no ano 2001 polos amigos Pete Wentz e Joe Trohman, que xa tocaran anteriormente an varias bandas de hardcore punk en Chicago. Inspirándose en bandas que escoitaran namentres creceran como Green Day, Descendents e The Smiths, a parella decidiu formar a súa propia banda [3]. Trohman coñeceu no instituto a Patrick Stump nunha tenda de libros.[4] Stump presentouse a Trohman cando lle escoitou falar sobre a banda Neurosis, na cal ambos estaban interesados.[4] Stump fixo unha audición como batería, pero cando descubriron o seu impresionante rango vocal decidiron que fose o vocalista principal.[5] Ben Rose foi o primeiro batería da banda, aínda que se marchou pronto. Finalmente Andy Hurley converteuse no actual batería.

A banda non tivo nome durante os seus dous primeiros shows. Decidiron que a audiencia era a que debía decidir e no final do seu segundo show, pedíronlle á audiencia que gritasen ideas para o nome. Un membro da audiencia suxeriu o nome de "Fallout Boy",[4][6] unha referencia ó compañeiro de Radioactivo Man dos Simpsons.[3][7]

Take This to Your Grave (2003–2004)

O grupo lanzou un mini-LP, Fall Out Boy's Evening Out with Your Girlfriend, no 2003.[8] O álbum grabouse en dous días e foi lanzado a pesar da negativa da banda. Durante este período a banda fixo pequenos shows.

Discografía

Álbum Ano Selo
Take This to Your Grave 2003 Fueled by Ramen, Sore Point
From Under the Cork Tree 2005 Island Records
Infinity on High 2007 Island Records
Folie à Deux 2008 Island Records
Save Rock and Roll 2013 Island Records
American Beauty/American Psycho 2015 Island, DCD2
Mania 2018 Island, DCD2
So Much (for) Stardust 2023 Fueled by Ramen, DCD2
Kembali kehalaman sebelumnya