Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Febe .
Febe é un satélite de Saturno . Foi descuberto polo astrónomo estadounidense William Henry Pickering en 1898 . Posúe un diámetro de 220 km . A súa distancia sobre Saturno é de 12 954 000 km e a súa masa é de 4.0e+18 kg . A lúa ten unha inclinación da súa órbita de 175.3 º. Reflicte só o 6 % da luz solar que recibe. Tarda nove horas en completar unha rotación sobre o seu eixo.
Orbita sobre Saturno nuns 18 meses (550,4 días ) en dirección contraria á dos outros satélites, nun plano máis próximo ao eclíptico que o plano ecuatorial de Saturno .
Lista ordenada en base ó incremento da distancia respecto de Saturno. Os satélites con designación provisional están en cursiva.
Lúas pastoras Co-orbitais Anel G Grandes lúas interiores (Troianas incluídas) Alcionedas Grandes lúas exteriores Grupo Inuit Grupo Nórdico Grupo Galo