Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Federico Lamela Reino

Modelo:BiografíaFederico Lamela Reino
Biografía
Nacementoc. 1905 Editar o valor en Wikidata
Vimianzo, España Editar o valor en Wikidata
Mortedécada de 1950 Editar o valor en Wikidata (44/54 anos)
A Ponte do Porto, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Membro de

Nomes e Voces: 8534

Federico Lamela Reino, nado en Vimianzo cara a 1905 e finado na Ponte do Porto nos anos cincoenta, foi un político galego.

Traxectoria

Fillo de Manuel Lamela Ameijenda. En maio de 1933 foi ingresado no manicomio de Conxo pola Audiencia da Coruña. Militante cenetista, interveu no conflito no Sanatorio de Conxo convocado polo Sindicato de Camareros. Fuxiu do manicomio en setembro de 1934 con outros enfermos recluídos por orde xudicial. En outubre de 1935 volveu ingresar na institución. Nomeado oficinista interino do Concello de Vimianzo en marzo de 1936,[1] foi o encargado da custodia e atención dos sete sacerdotes detidos polo alcalde de Vimianzo por negarse a cumprir a orde de secularización dos cemiterios.[2]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Foi xulgado na Coruña por rebelión na causa 1367/36 con outros veciños de Vimianzo e foi declarado fuxido e en rebeldía. Reclamado polo xulgado de Corcubión en outubro de 1936.[3] Empregou o nome falso de Juan Durán Iglesias. Foi detido en Tordoia en 1938. Xulgado na Coruña por rebelión foi condenado a cadea perpetua. Estivo nun batallón disciplinario. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1939. Encartado na causa 443/45 por rebelion militar, foi detido en Coristanco en xaneiro de 1946.[4] Detido na Prisión da Coruña, saíu en liberdade condicional en 1948.[5] Volveu ser detido en decembro. Moreu na indixencia na Ponte do Porto.[6]

Notas

  1. El Ideal Gallego, 18-3-1936, p. 7.
  2. "Federico Lamela Reino, represaliado por aplicar a lei de cemiterios". Memoria do cárcere A Coruña. 24 de abril de 2021. 
  3. BOE, 6-6-1937, p. 1781.
  4. El Ideal Gallego, 31-1-1946, p. 2.
  5. BOE, 25-1-1949, p. 397-398.
  6. Luis Lamela García (25 de xaneiro de 2020). "Federico Lamela, perseguido por la locura y la dictadura". La Voz de Galicia (en castelán). 
Kembali kehalaman sebelumnya