Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Fernando Bujones

Modelo:BiografíaFernando Bujones
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1955 Editar o valor en Wikidata
Miami, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte10 de novembro de 2005 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Miami, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemelanoma maligno Editar o valor en Wikidata
EducaciónSchool of American Ballet (pt) Traducir
Professional Children's School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónBailarín, profesor
Premios

Sitio webfernandobujones.com Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 12342022 Editar o valor en Wikidata


Fernando Bujones Calleiro, nado en Miami (Florida) o 9 de marzo de 1955, e finado na mesma cidade o 10 de novembro de 2005, foi un bailarín clásico estadounidense de ascendencia cubana. Un dos máis notables bailaríns da súa xeración, que gañou a famosa competición internacional de Ballet de Varna, onde recibiu a medalla de ouro, considerada o galardón máis prestixioso da danza.[1][2]

Traxectoria

Sepultura do bailarín Fernando Bujones en Caballero Rivero Woodlawn Park North Cemetery and Mausoleum.

Fillo de pais cubanos, e descendente do militar galego Ramón Pumpido Puga. Regresou coa súa nai a Cuba en 1957, pouco despois de nacer, e foi en Cuba onde se iniciou na danza os sete anos con Alicia Alonso, do Ballet Nacional de Cuba, na Habana. En 1964, cando tiña nove anos, a súa familia exiliouse, primeiro no Canadá, logo en Praga e París onde o esperaba a súa curmá Zeida Cecilia Menéndez, ex bailarina e mestra de baile.[3] Aos 10 anos estableceuse en Miami, debutando coa obra Schelkúnchik. Aos 12 foi recomendado a Jacques D'Amboise quen lle deu unha audición, gañando unha bolsa para o American Ballet Theatre, onde completou a súa educación con Stanley Williams, André Eglevsky e Zeida Cecilia Méndez.[4]

O American Ballet Theatre

En 1972 uniuse ao American Ballet Theatre e en 1974 foi Principal Dancer ao gañar a competición de Varna con medalla de ouro. Destacouse no Corsario, Don Quixote, Os Patinadores e como James na Sylphide, Albrecht en Giselle, Solor na Bayadere, Colas na Fille Mal Gardée e en coreografías de George Balanchine, Jerome Robbins, Antony Tudor e Frederick Ashton.

Foi eclipsado pola aparición de Mikhail Baryshnikov, marido de Jessica Lange, quen se uniu ao ABT o mesmo ano en que Bujones gañou en Varna. Ambos foron os solistas máis notables da súa era no ABT, pasando Bujones a actuar baixo a dirección do ruso, con quen tivo serias desavinzas que culmiron na súa renuncia en 1985.[5][6] A agre disputa chegou aos diarios cando Bujones proclamou "Baryshnikov ten a publicidade, pero Bujones ten o talento". Cando Baryshnikov abandonou a compañía, Bujones regresou permanecendo nela até a súa retiro en 1995.

Actuacións Internacionais

Mikhail Baryshnikov, 2010, máximo rival de Fernando Bujones

Actuou en 34 países, incluíndo compañías como o American Ballet Theatre, Royal Ballet, Stuttgart Ballet, Ballet da Ópera de París, Royal Danish Ballet, A Scala, Wiener Staastoper Ballet, Boston Ballet entre outros e con solistas como Dáme Margot Fonteyn, Natalia Makarova, Carla Fracci, Cynthia Gregory, Marcia Haydee, Gelsey Kirkland, e Marianna Tcherkassky.

Ao retirarse dirixiu o Ballet de Monterrey, de Mississippi e o de Orlando.

Vida familiar

Fillo de Fernando Emiliano Bujones e Mary Calleiro Pumpido, filla de Pura Pumpido Manresa. Casou en 1980 con Marcia Kubitschek - filla do expresidente do Brasil Juscelino Kubitschek- e logo con María Arnillas, bailarina peruana a quen coñeceu en Stuttgart. Coa primeira tivo á súa filla, Alejandra Patricia Bujones Kubitscheck.

No ano 2009 estreouse un documental de Israel Rodríguez en homenaxe: The extraordinary life of Fernando Bujones.[7]

Obra

  • The Book: Fernando Bujones: An Autobiography.

Notas

  1. Dance. "Fernando". 
  2. NYT. "Fernando Bujones, 50, International Ballet Star, Dies". 
  3. Meisner, Nadine (14 de novembro de 2014). "Fernando Bujones. Ballet dancer of meteoric leaps and dazzling turns, prodigious technique and 'unforced clarity'". The Independent (en inglés). 
  4. [1][Ligazón morta]
  5. Vaughan, David (24 de novembro de 2005). "Fernando Bujones.Pioneering American classical dancer widely respected as a teacher and director". 
  6. Semiole. "Fernando Bujones: Portrait of the Artist". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2006. Consultado o 07 de abril de 2018. 
  7. Herald. "Film celebrates life and career of dancer Fernando Bujones". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 07 de abril de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya