Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Fernando Cáceres

Modelo:BiografíaFernando Cáceres

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Fernando Gabriel Cáceres Editar o valor en Wikidata
7 de febreiro de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
San Isidro, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso79 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaArxentina Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1986–1991   Argentinos Juniors 113(5)
1991–1993   CA River Plate 71(11)
1993–1996   Real Zaragoza 91(3)
1996–1996   CA Boca Juniors 15(1)
1996–1998   Valencia CF 51(0)
1998–2004   Celta de Vigo 198(3)
2004–2004   Córdoba CF 11(0)
2005–2006   CA Independiente 46(0)
2006–2007   Argentinos Juniors 0(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1985–1985   Arxentina sub-17
1992–1997   Arxentina 24(1)
Participou en
1994Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 75954 UEFA: 25905 Editar o valor en Wikidata

Fernando Gabriel Cáceres, chamado o Negro, ou o Negro Cáceres, nado en San Isidro (Buenos Aires) o 7 de febreiro de 1969, é un exfutbolista arxentino, que xogou no Celta de Vigo. A súa posición era de defensa.

Pasou por varios equipos na Primeira división arxentina e na Liga española na súa carreira, e tamén formou parte da selección do seu país.

Anos despois de abandonar a práctica activa do fútbol, en 2009, unhas persoas atacárono e disparárono na cabeza, o que lle causou danos irreparables que afectaron a súa mobilidade e capacidade sensorial.

Carreira

Clubs

Cáceres comezou a xogar ó fútbol como profesional no Argentinos Juniors e en 1991 foi transferido ó River Plate, onde gañou o seu primeiro título en 1991.

Despois, Cáceres marchou a España para xogar no Real Zaragoza de Víctor Fernández, onde gañou a Copa do Rei en 1994 e a Copa da UEFA en 1995.

Volveu a Arxentina por un breve período de tempo ó Boca Juniors antes de regresar de novo a España a finais de 1996 para xogar no Valencia. Alí estivo ata o final da tempada 1997-1998.

En 1998 Víctor Fernández, daquela adestrador do Celta, volveu a contar con el, que permanecería en Vigo ata 2004. Durante 6 temporadas no club disputou un total de 218 encontros en todas as competicións, anotando cinco goles.

Despois pasou nunha breve etapa polo Córdoba CF, equipo da Segunda División.

En 2004 volveu unha vez máis a Arxentina para xogar no Club Atlético Independiente, entrando a formar parte do selecto grupo de xogadores que xogaron no River Plate, no Boca Juniors e no Independiente.

En 2006, volveu ó Argentinos Juniors, o club onde comezara a súa carreira 20 anos antes.

Equipo nacional

Cáceres gañou a Copa de América sub-17 en 1985. Coa selección absoluta formou parte do equipo que gañou a Copa América 1993 e a Copa do Mundo de 1994.

Títulos

Campionatos nacionais

Título Club País Ano
Torneo Apertura River Plate Arxentina 1991
Copa do Rei Real Zaragoza España 1994

Copas internacionais

Título Club País Ano
Campionato Suramericano Sub-17 Selección de fútbol de Argentina sub-17 Arxentina 1985
Copa América Selección de fútbol de Argentina Arxentina 1993
Recopa de Europa Real Zaragoza España 1995
Copa Intertoto da UEFA Celta de Vigo España 2000

Vida persoal

O 1 de novembro de 2009 Fernando Cáceres recibiu varios disparos durante un intento de asalto en Ciudadela (Arxentina). Ao parecer, unhas persoas intentaron roubarlle o coche que conducía; o futbolista resistiuse e foi tiroteado en varias partes do corpo, entre elas a cabeza[1][2]. Como resultado dos disparos, entrou en coma, perdeu o ollo dereito, sufriu unha fractura na base do cranio e tivo lesións cerebrais que afectaron a súa capacidade sensorial e motriz.[1][3][4] Durante as horas seguintes ao incidente, os equipos médicos déronlle poucas posibilidades de vida[5]. O proxectil, que se achaba na rexión paratemporal dereita, non lle foi extraído pola dificultade da operación.[6]

A finais do mes dese mes de novembro quitáranlle a respiración artificial e o exfutbolista era quen de comunicarse por acenos[7]. Fóralle colocada inicialmente unha peza metálica, pero o corpo de Cáceres rexeitouna e tivérono que operar de novo en 2010[8]. A súa recuperación continuou e unha década despois, en 2019, difundiuse un vídeo de Cáceres aprendendo a camiñar de novo. Os medios tamén reportaban a súa capacidade de camiñar de maneira autónoma durante períodos limitados de tempo[9].

Como consecuencia do asalto foron detidos tres homes, menores de idade todos tres, acusados de participaren nel.[10] Os dous máis vellos acadaron a maioría de idade antes de se celebrar o xuízo, onde foron condenados.[11] O terceiro, que tiña 15 anos cando se produciron os feitos, non foi xulgado[12].

Notas

Kembali kehalaman sebelumnya