Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Filme en cor

Fotograma dun filme de proba de Raymond Turner (1902)

Un filme en cor é aquel filme realizado con cores. Os primeiros filmes animados foron realizados cunha emulsión fotográfica baseada en haluro de prata sobre unha base clara. A imaxe que se obtiña como resultado estaba nun rango de tons de negro e branco, dependendo da intensidade luminosa do obxecto orixinal.

O filme en cor non só permitiu captar a luminosidade dun suxeito, senón tamén a súa cor. Sen importar se a cor é fotografada en anacos de filme separados ou na mesma emulsión, toda a fotografía en cor é sintetizada nun proceso no cal diversas partes da imaxe almacenan un espectro discreto de luz.

Os primeiros filmes en cor realizáronse utilizando nitrato ortocromático e almacenaban luz de cor ciano (azul e verde), pero non luz vermella. Para filmar gravando as tres principais lonxitudes de onda da luz foi preciso producir película de nitrato pancromática.

Coloración e pintado a man

Dado que nos comezos da fotografía a película ortocromática non permitía a fotografía en cor, os primeiros filmes con cor empregaban tinturas sobre a base de anilina para crear cores artificiais. O primeiro filme coloreado a man foi Anabelle's Dance realizada por Thomas Edison para os usuarios do seu kinetoscopio.

Moitos dos primeiros realizadores de filmes do dez anos seguintes tamén empregaron esta técnica. Georges Méliès mediante un pagamento adicional por riba do custo das versións en branco e negro producía copias coloreadas a man das súas propias películas, incluída a pioneira Le Voyage dans la Lune (1902) que contaba con varios efectos visuais sumamente novos. Varios anacos do filme foron pintados cadro por cadro por un grupo de vinte e unha mulleres en Montreuil mediante un método de liña de produción.[1][2]

O primeiro proceso estencil con éxito comercial foi creado por Pathé Frères en 1905. Pathé Color (rebautizado en 1929 como Pathéchrome) converteuse nun dos sistemas estencil de coloración máis precisos e confiables. Consistía nunha impresión orixinal do filme que ía ser coloreado con seccións cortadas mediante un pantógrafo naquelas áreas segundo as cores dispoñibles (ata seis) mediante unha máquina de colorear que tiña rodetes de felpa impregnados en tintura.[3] Despois de que se armou o estencil de todo o filme, colocábase en contacto cos fotogramas que ían ser coloreados e procesábanse a unha alta velocidade (18 metros por minuto) a través da máquina de colorear (tinguir). O proceso repetíase para cada conxunto de estencís correspondente a cada cor. Contra 1910, a fábrica de Pathé en Vincennes empregaba máis de 400 mulleres como estenciladoras. Pathéchrome continuou a ser utilizado ao longo de toda a década de 1930.

Na década de 1910 comezou a xestarse unha técnica máis común denominada tinguido de filme, proceso no cal ou a emulsión ou a base da película se tingue, outorgando á imaxe unha cor uniforme monocromática. Este proceso foi popular durante a era muda, utilizándose certas cores específicas para determinados efectos narrativos (vermello para as escenas con lume ou reflexos de lume, azul para a noite etc.).

Un proceso complementario denominado toning, substituíu as partículas de prata na película por sales metálicos ou mordanted dyes. Isto crea un efecto de cor mediante o cal as partes escuras da imaxe se substitúen por unha cor (ou sexa, azul e branco en lugar de negro e branco). Ás veces o tinguido e o toning eran empregados en forma conxunta.

Nos Estados Unidos, o gravador Max Handschiegl de Saint Louis e o cinematógrafo Alvin Wyckoff crearon o proceso de cor Handschiegl, un proceso de estencil que foi utilizado por primeira vez en Joan the Woman (1917) dirixido por Cecil B. DeMille, e utilizado en secuencias con efectos especiais de filmes como The Phantom of the Opera (1925). O proceso empregaba a técnica de litografía de tres cores para tinguir as películas coa axuda dunha máquina.

En 1929 Eastman Kodak presentou o seu propio sistema de películas branco e negro preteñidas denominado Sonochrome. A liña Sonochrome permite obter películas tinguidas en dezasete cores diferentes incluídos Peachblow, Inferno, Candle Flame, Sunshine, Purple Haze, Firelight, Azure, Nocturne, Verdante, Aquagreen, Caprice, Fleur de Lis, Rose Doree, e o Argent que era neutral, e que se utilizaba para evitar que a pantalla se volvese  excesivamente brillante ao cambiar a escenas en branco e negro.

En 1932 a fotografía en cor fora case abandonada polos principais estudios, ata que o desenvolvemento do Technicolor supuxo un novo avance na gravación das tres cores primarias. Empregando un equipo especial con dous prismas con forma de cubo, a luz da lente era desviada polos prismas e separada en dous camiños para expor cada un dos tres negativos en branco e negro (cada un para gravar as densidades para o vermello, verde e azul).[4] Os tres negativos imprimíanse entón en matrices de xelatina que tamén descolorían completamente a imaxe, limpando a prata e deixando só a gravación da imaxe.[5] O primeiro filme de animación co sistema de tres cores foi Flowers and Trees (1932), de Walt Disney, a primeira curtametraxe de ficción foi La Cucaracha (1934) e a primeira longametraxe foi Becky Sharp (1935).[3]

Notas

  1. Cook, David A. (1990) (2.ª ed.). A History of Narrative Film W. W. Norton & Company. ISBN 0-393-95553-2.
  2. Konigsberg, Ira (1987). The Complete Film Dictionary Meridan PAL books. ISBN 0-452-00980-4.
  3. 3,0 3,1 Katz, Ephraim (1994) (2nd ed). The Film Encyclopedia HarperCollins Press. ISBN 0-06-273089-4]
  4. Slide, Anthony. (1990) "Technicolor" The American Film Industry: A Historical Dictionary Limelight pp. 338-340. ISBN 0-87910-139-3
  5. Hart, Martin (2003). "The History of Technicolor" Widescreenmuseum.com. Retrieved 2006-07-07.

Véxase tamén

Bibliografía

  • John Waner, Hollywood's Conversion of All Production to Cor, Tobey Publishing, 2000.

Outros artigos

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya