Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Fosfatidilserina

Fosfatidilserina
Identificadores
Número CAS 8002-43-5
PubChem 6323481
ChemSpider 13628254
DrugBank DB00144
ChEBI CHEBI:18303
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C13H24NO10P
Masa molecular 385,304

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A fosfatidilserina (abreviada como PS) é un fosfolípido que forma parte das membranas celulares [1]. É un fosfoglicérido, xa que está formada por un diacilglicérido (glicerina esterificada con dous ácidos graxos) esterificada no OH que queda libre por un fosfato e este polo aminoácido serina [2]. É unha molécula anfipática, xa que a parte da serina e o fosfato é polar e a parte do diacilglicérido é apolar.

Xeralmente, a fosfatidilserina mantense na capa interna ou citosólica da bicapa lipídica da membrana plasmática grazas á actuación dun encima chamado flipase. Cando unha célula sofre apoptose, a fosfatidilserina aparece nas dúas capas da membrana, polo que tamén queda exposta na superficie da célula.

Beneficios para a saúde

Memoria e cognición

Nos primeiros estudos sobre a fosfatidilserina, esta obtívose a partir de compoñentes do cerebro bovino; pero debido á preocupación pola encefalopatía esponxiforme bovina (mal das vacas tolas), os estudos posteriores realizáronse con fosfatidilserina obtida da soia. Os ácidos graxos contidos na fosfatidilserina de soia son diferentes dos que aparecen na de bovino. Porén, os estudos preliminares indicaron que o produto extraído da soia é polo menos tan eficaz coma o de orixe bovina.[3][4]

O 13 de maio de 2003, a axencia norteamericana Food and Drug Administration (FDA) declarou que, “baseándose na súa avaliación da totalidade da evidencia científica dispoñible publicamente, a Axencia conclúe que non hai un acordo científico significativo entre expertos cualificados de que exista unha relación entre a fosfatidilserina e a redución do risco de demencia ou deterioración cognitiva”. Aínda así, a FDA deulle á fsosfatidilserina o status de substancia “pretendidamente saudable cualificada” (qualified health claim), afirmando que “o consumo de fosfatidilserina podería reducir o risgo de demencia e de disfunción cognitiva nos anciáns” e o "reducir o risco de disfunción cognitiva nos anciáns" (é dicir, hai indicios de que pode ser beneficiosa, pero non está demostrado).

Nutrición deportiva

Demostrouse que a fosfatidilserina acelera a recuperación, prevén a dor muscular, mellora o benestar e pode ter propiedades ergoxénicas en ciclistas, levantadores de pesas e corredores de fondo. Informouse que a fosfatidilserina da soia, en doses de 400 mg, é un complemento eficaz para combater o estrés inducido polo exercicio ao diminuír os altos niveis de cortisol[5] O suplemento de fosfatidilserina promove un equilibrio hormonal desexable en atletas e podería diminuír a deterioración fisiolóxica que acompaña o sobreentrenamento e/ou o sobreestiramento.[6] Outros estudos mostran que mellora o estado de ánimo en situacións de estrés e a prestación deportiva dos golfistas.[7]

Trastorno de hiperactividade por déficit de atención

Os primeiros estudos piloto indican que o suplemento de fosfatidilserina podería ser beneficioso para os nenos que padecen o trastorno por déficit de atención con hiperactividade.[8][9]

Seguridade

Tradicionalmente, os suplementos de fosfatidilserina eran obtidos do córtex bovino, pero, debido á posible transferencia de enfermidades infecciosas, a fosfatidilserina obtida da soia estableceuse como unha alternativa potencialmente segura. A fosfatidilserina de soia é un suplemento nutricional para as persoas maiores en doses de 200 mg tomadas tres veces ao día.[10] Un dato negativo é que se demostrou que a fosfatidilserina reduce a resposta inmune específica nos ratos.[11][12]

Fontes dietéticas

A fosfatidilserina pode encontrarse na carne, pero é máis abundante no cerebro e en órganos, como fígado e ril. Podemos encontrar fosfatidilserina en produtos lácteos ou en vexetais, con excepción dos feixóns brancos, pero só en pequenas cantidades.

Táboa 1. Cantidade atopada en diferentes alimentos.[13]

Alimento Contido de PS en mg/100 g
Cerebro de bovino 713
Xarda do Atlántico 480
Corazón de polo 414
Arenque do Atlántico 360
Anguía 335
Vísceras (valor medio) 305
Bazo de porco 239
Riles de porco 218
Atún 194
Coxas de polo con pel e sen óso 134
Fígado de polo 123
Feixóns brancos 107
Peituga de polo con pel 85
Tenreira 72
Carne de vacún 69
Carne de porco 57
Fígado de porco 50
Coxas de pavo sen pel nin óso 50
Peituga de pavo sen piel 45
Cangrexo de río 40
Choco 31
Bacallau do Atlántico 28
Anchoa 25
Orxo de gran enteiro 20
Pescada 17
Sardiña 16
Troita 14
Lecitina de soia 10-20
Arroz (integral) 3
Cenoria 2
Leite de ovella 2
Leite de vaca (enteira, 3,5% graxa) 1
Pataca 1

A inxesta media diaria de fosfatidilserina na dieta dos países occidentais estímase en 130 mg.

Aplicacións

A anexina-A5 é unha proteína natural con grande afinidade pola fosfatidilserina. A anexina-A5 marcada permite a visualización das células ao inicio e durante o estado de apoptose in vitro ou in vivo. Outra proteína que se enlaza á fosfatidilserina é a Mfge8.

A anexina-A5 marcada con tecnecio permite distinguir entre tumores benignos e malignos, xa que a patoloxía dos malignos presenta unha alta taxa de división celular e apoptose, e a dos benignos, unha baixa taxa de apoptose.

Notas

  1. PubChem Compound
  2. ChemSpider Phosphatidylserine
  3. Blokland A, Honig W, Brouns F, Jolles J (1999). "Cognition-enhancing properties of subchronic phosphatidylserine (PS) treatment in middle-aged rats: comparison of bovine cortex PS with egg PS and soybean PS". Nutrition 15 (10): 778–83. PMID 10501292. 
  4. Crook, T. H. (1998). R. M. Klatz, ed. Treatment of Age-Related Cognitive Decline: Effects of Phosphatidylserine in Anti-Aging Medical Therapeutics 2. Chicago: Health Quest Publications. pp. 20–29. 
  5. Jäger R, Purpura M, Kingsley M (2007). "Phospholipids and sports performance". Journal of the International Society of Sports Nutrition 4: 5. PMID 17908342. doi:10.1186/1550-2783-4-5. 
  6. Starks MA, Starks SL, Kingsley M, Purpura M, Jäger R (2008). "The effects of phosphatidylserine on endocrine response to moderate intensity exercise". Journal of the International Society of Sports Nutrition 5: 11. PMID 18662395. doi:10.1186/1550-2783-5-11. 
  7. Jäger R, Purpura M, Geiss KR, Weiß M, Baumeister J, Amatulli F, Schröder L, Herwegen H. (2007). "The effect of phosphatidylserine on golf performance". Journal of the International Society of Sports Nutrition 4: 23. PMID 18053194. doi:10.1186/1550-2783-4-23. 
  8. Hirayama S, Masuda Y, Rabeler R (2006). "Effect of phosphatidylserine administration on symptoms of attention-deficit/hyperactivity disorder in children" (PDF). Agro Food 17 (5): 32–36. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de maio de 2008. Consultado o 13 de novembro de 2011. 
  9. Vaisman N, Kaysar N, Zaruk-Adasha Y, Pelled D, Brichon G, Zwingelstein G, Bodennec J (2008). "Correlation between changes in blood fatty acid composition and visual sustained attention performance in children with inattention: effect of dietary n-3 fatty acids containing phospholipids.". The American Journal of Clinical Nutrition 87 (5): 1170–1180. PMID 18469236. 
  10. Jorissen BL, Brouns F, Van Boxtel MP, Riedel WJ (2002). "Safety of soy-derived phosphatidylserine in elderly people". Nutr Neurosci 5 (5): 337–343. PMID 12385596. 
  11. Hoffmann PR, Kench JA, Vondracek A; et al. (2005). "Interaction between phosphatidylserine and the phosphatidylserine receptor inhibits immune responses in vivo". J. Immunol. 174 (3): 1393–404. PMID 15661897. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 13 de novembro de 2011. 
  12. Carr DJ, Guarcello V, Blalock JE (1992). "Phosphatidylserine suppresses antigen-specific IgM production by mice orally administered sheep red blood cells". Proc. Soc. Exp. Biol. Med. 200 (4): 548–54. PMID 1508948. 
  13. Souci SW, Fachmann E, Kraut H (2008). Food Composition and Nutrition Tables. Medpharm Scientific Publishers Stuttgart. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya