Francisco Iturralde Cabeza de Vaca, nado en Valladolid en 1896 e fusilado en Ferrol o 10 de setembro de 1936, foi un anarcosindicalista, que traballou como oficial de telégrafos e matemático.
Traxectoria
Destinado en Pontevedra en 1930, xa antes da proclamación da Segunda República Española militaba na Confederación Nacional do Traballo e na Federación Anarquista Ibérica. Foi membro fundador do periódico ¡¡Revolución!!, no que colaborou ata que o abandonou debido ó control mantido polo PCE local.
En 1932 fundou coa axuda do camareiro Desiderio Comesaña o Ateneo Obrero de Divulgación Social e colaborou na creación do grupo anarquista Natura, a partir do cal en 1933 artellouse o primeiro comité rexional da FAI.
Como castigo pola súa militancia, foi destinado a Ferrol en 1933. Pouco despois da súa chegada colaborou na creación da Escuela Racionalista de Ferrol, impartindo clases a nenos e adultos xunto á súa muller, Marina Ochotorena. Coa chegada da Fronte Popular artellou unha Universidade Popular.
Escribiu artigos de divulgación científica en prensa anarquista como Brazo y Cerebro, ademais de ser conferenciante e polemista.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi inculpado en causa militar en Ferrol. Sobresida a causa, foi fusilado en Ferrol.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas