O 29 de xaneiro de 2012 foi designado candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galicia para os comicios autonómicos de 2013, que finalmente foron adiantados ao 21 de outubro de 2012. Como consecuencia disto, abandonou o seu escano no Congreso dos Deputados en setembro de 2012, one foi substituído por Rosana Pérez. Foi elixido deputado do Parlamento Galego nas autonómicas de 2012. Coordinador en Galeuscat polo BNG, foi candidato á alcaldía da Coruña nas municipais de 2019.[2] Concelleiro do Bloque desde 2019, volverá ser o cabeza de lista da formación nas eleccións municipais de 2023.[3]