François Rom, nado en 1869 e finado en 1953, foi un tirador de esgrima belga, gañador dunha medalla olímpica.
Traxectoria
Participou nos Xogos Olímpicos de 1908 de Londres co equipo belga de espada, que quedou tras Francia e Gran Bretaña en terceiro lugar, logrando a medalla de bronce.