Fuera de Serie foi un grupo musical español, formado en Xixón en 1983, que formaron parte da movida xixonesa nos anos oitenta do século XX e interpretaban as súas cancións en castelán, salvo o tema La ñeve'y la montaña, que cantaron en bable. Estiveron fortemente influídos polo post-punk de grupos como The Cure.
Membros
Colaboracións
Discografía
- Vanidad Masculina (1984). Mini-lp de seis temas editado pola Sociedad Fonográfica Asturiana, gravado nos Estudios Norte (Xixón) por Pedro Bastarrica e René de Coupaud Villarrubia (os seus fundadores[5]).
- Fuera de Serie (1985). Longa duración de dez temas editados pola Sociedad Fonográfica Asturiana, gravado nos Estudios Norte (Xixón).
- Haciendo Fortuna (1989). Mini-lp de seis temas editado por Edigal (discográfica compostelá).
- Pero no me busques (1989). Sinxelo de promoción con dous temas, editado por Edigal.
- A media noche (1990). Sinxelo con dous temas, editado polo sub-selo de Edigal, Vitamina Records.
- Tour Camaleón (1990). Sinxelo con dous temas, editado por Dumm Mmers.
- Mientras la ciudad gira (1991). Longa duración de nove temas, editado por Producciones Km 444 (discográfica ovetense).
Tamén aparecen no seguinte recompilatorio:
Notas
Ligazóns externas