Félix Candela Outeriño, nado en Madrid o 27 de xaneiro de 1910 e finado en Durham o 7 de decembro de 1997, foi un arquitecto español, famoso pola creación de estruturas baseadas no uso do paraboloide hiperbólico.
Traxectoria
En 1927 ingresou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, rematando a carreira 1935. Na súa época de estudante é un destacado deportista, gañando o campionato de esquí en 1932 e de rugby en 1934.[1]
Continuou os seus estudos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando xunto a Eduardo Robles Piquer e Fernando Ramírez de Dampierre. Daquela coñeceu a Eduardo Torroja e as súas técnicas no uso de cubertas de formigón. Grazas a súa tese doutoral recibiu unha bolsa de estudos da Academia en 1936 para ampliar os estudos en Alemaña, pero non chega a ir polo inicio da Guerra Civil española. Formou parte do Exército Popular Republicano. Tras pasar polo campo de Perpiñán, decidiu exiliarse en México.
En 1941 adquiriu a cidadanía mexicana. En Acapulco comezou a súa carreira como arquitecto co deseño dalgunhas casas e hoteis. En 1950 fundou cos tamén arquitectos Fernando Fernández Rangel e Raúl Fernández Rangel a empresa construtora Cubiertas Ala. En 1953 recibiu unha cátedra na Facultade de Arquitectura da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). Preside entre os anos 1961 e 1962 a Charles Eliot Norton Lectures na Universidade Harvard. En 1971 trasládase ós Estados Unidos, ocupando unha cátedra na Universidade de Illinois en Chicago, ata 1978, ano no que consegue a cidadanía americana.
Obras destacadas
- Hotel e apartamentos en Acapulco, 1940.
- Comedor e discoteca Mambo no Hotel Casino de la Selva en Cuernavaca, Morelos.
- Pabellón de los Rayos Cósmicos en México D.F., 1951.
- Igrexa da Virxe da Medalla Milagrosa en México D.F., 1953.
- Fábrica Celestino Fernández, Colonia Vallejo, México, 1955.
- Capela de San Antonio de las Huertas, Tlacopan, México D.F., 1956.
- Restaurante Los Manantiales en Xochimilco, México D. F. 1957.
- Igrexa de San José Obrero, Monterrey, 1959.
- Igrexa de Nosa Señora de Guadalupe en Madrid, 1963.
- Restaurante do Oceanofráfic de Valencia, 1997.
Obra escrita
- En defensa del formalismo y otros escritos, Xarait Ediciones, 1985, 172 páxinas, ISBN 84-85434-29-3
Premios
Notas
Véxase tamén=
Bibliografía
Ligazóns externas