Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

GLOMR

GLOMR / Global Low Orbiting Message Relay
TipoExperimental / comunicacións
OrganizaciónDARPA
Contratistas principaisDSI, Rockwell
Data de lanzamento30 de outubro de 1985, 17:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial Challenger[2][5]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2][6]
Obxectivo da misiónComunicacións.[2][6]
Decaemento26 de decembro de 1986[1]
NSSDC ID1985-104B
Masa68,0 kg[2][5][6]
Potencia2 W[2]

GLOMR (acrónimo de Global Low Orbiting Message Relay Satellite) foi un satélite artificial da axencia estadounindese DARPA lanzado o 30 de outubro de 1985 desde a bodega de carga do transbordador espacial Challenger.[2][5][6]

Características

A misión de GLOMR foi probar a capacidade de recoller datos enviados por estacións remotas, almacenalos e retransmitilos ao seu destino. O satélite foi construído por Defense Systems Inc. (DSI) e Rockwell e consistía nun poliedro de 62 caras sen ningún tipo de estabilización. Inicialmente ía ser lanzado coa misión STS-51-B, pero un problema nas baterías fixo que se devolvera a terra. Finalmente voou na misión STS-61-A. Reentrou na atmosfera o 26 de decembro de 1986[2][5][6]

GLOMR foi sucedido por SECS, un satélite con funcións semellantes pero máis avanzado.

Notas

  1. 1,0 1,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "GLOMR" (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (17 de abril de 2020). "GLOMR" (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2020. 
  3. "Note verbale dated 15 April 1986 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (86-10833(E)): 2. 18 de abril de 1986. Consultado o 1 de maio de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2020). "GLOMR / GLOMAR" (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "GLOMR (S85-6)" (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2020). "GLOMR" (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2020. 

Véxase tamén

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya