Galicia posúe 2 695 645 habitantes dos que 1 297 301 son homes e 1 398 344 mulleres (datos a 1 de xaneiro de 2021).[12] Conta cunha distribución da poboación que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. Os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios de poboación son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol.
O concello máis poboado é o de Vigo con 292 374 habitantes (datos de 2022)[13] e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 228 habitantes no 2022. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,42 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,31 km².[8]A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6 545,18 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,62 hab./km² no 2020.
Os nomes "Galiza" e "Galicia" derivan da palabra latinaGallaecia (ou Callaecia), que significaba literalmente «terra dos galaicos». Callaecia[30] 'a terra dos Callaeci', de *kallā- «madeira»[31] co sufixo complexo local -āik-. Posteriormente tornouse Gallicia, actual Galicia ou Galiza. Os galaicos (en latín: Gallaeci, en grego: Καλλαϊκοί) foron o pobo máis numeroso do noroeste da Península Ibérica xa antes da súa integración ao Imperio Romano no século I a. C., aínda que algúns autores consideran que en orixe o termo "galaico" era empregado para denominar unha pequena tribo ao norte do río Douro, os callaecos; sexa como for, este nome acabou por denominar todo un grupo étnico de lingua celta e culturalmente homoxéneo, situado entre o mar Cantábrico e o río Douro.[32]
A primeira referencia histórica dos galaicos, remóntase ao ano 136 a. C., cando o xeneral romanoDécimo Xunio Bruto Galaico regresa a Roma —despois da súa vitoriosa campaña bélica contra dous pobos previamente descoñecidos, lusitanos e galaicos— recibindo do propio Senado romano o título de Gallaecus ou "galaico" en honor á dura expedición militar contra estes.[33] Tras estes primeiros contactos, o mundo grecolatino vai denominar o seu país como Gallaecia, tal e como fixeron Estrabón, Plinio e Apiano, entre outros. Será este nome Gallaecia a que irá evolucionando durante máis de trece séculos, e que acabará por adoptar as formas "Galiza" e "Galicia".
Máis controvertido é, non obstante, o significado orixinario do termo Gallaicus (galaico) e consecuentemente de Gallaecia. O primeiro autor que teorizou sobre isto foi Isidoro de Sevilla, quen no século VII explicaba que o nome "galaico" aludía á pel branca como o leite que tiñan os seus habitantes, de xeito similar aos habitantes da Galia[34]. Serán moitos autores posteriores os que tenten buscar o significado deste nome, tales como Afonso X o Sabio, Ramón Barros Sivelo ou Murguía, mais hoxe tende a relacionarse con étimos das linguas celtas, e indoeuropeas en xeral, de maneira que o significado exacto da palabra é, actualmente, descoñecido.
Aínda que durante séculos, a antiga bandeira galega foi de fondo azul con cruces douradas, e un gran copón no centro ao xeito do escudo, a actual bandeira galega foi creada a finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento, como insignia nacional,[35] ondeando dende polo menos o ano 1891. Ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo ata o inferior dereito.
O cáliz, figura heráldica que representa a Galicia, foi documentado por vez primeira no escudo dos reis de Galicia (roys de Galyce) do Armorial Segar de Inglaterra no ano 1282. Ten experimentado diferentes cambios ao longo do tempo, o actual escudo de Galicia é descrito no artigo número 3 da Lei de símbolos de Galicia:
O escudo de Galicia trae, en campo de azur, un cáliz de ouro sumado dunha hostia de prata, e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe. O timbre, coroa real, cerrada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de pérolas, e das súas follas saen cadansúas diademas sumadas de perlas, que converxen nun mundo de azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro. A coroa, forrada de goles ou vermello[36].
Eduardo Pondal, autor do poema que fornece a letra d′Os Pinos.
Pascual Veiga, autor da música do himno galego.
O himno galego (Os Pinos) é o símbolo acústico máis solemne de Galicia como comunidade política. O texto son as dúas primeiras partes (catro primeiras estrofas) do poema Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal, e a música é da autoría de Pascual Veiga. Estreouse na Habana, Cuba, o 20 de decembro de 1907.[37] Ademais a Antiga Marcha do Reino de Galicia é recoñecida na Lei 5/1984, do 29 de maio, de símbolos de Galicia como distintivo tradicional.[38]
As primeiras probas líticas de presenza humana en Galicia remóntanse a hai uns 300.000 anos, no Paleolítico inferior, durante o Plistoceno medio. Apareceron restos destes poboadores por todo o litoral, dende Ribadeo ata A Guarda. Estes restos son instrumentos líticos, que nos amosan unha industria acheuliana a base de bifaces, fendedores, triedros... feitos sobre unha base de cuarzo ou cuarcita. Coñécense dúas culturas, o Paleolítico inferior arcaico (ou "cultura dos cantos tallados") e o Paleolítico inferior clásico ou acheuliano. A técnica é máis simple na primeira delas. As industrias son simples e o número de tipos reducido.
A primeira claramente identificada, caracterízase pola súa capacidade construtora e arquitectónica, xunto co seu sentido relixioso, fundamentado no culto ós mortos como mediadores entre o home e os deuses. Este sentido relixioso abrangue a súa importancia ata a actualidade. Estaban constituídos en clans. Desa época dan testemuña milleiros[Cómpre referencia] de mámoas e medorras espalladas por todo o territorio.
Idade de Bronce
É nestes tempos cando se acada o desenvolvemento metalúrxico, impulsado pola riqueza mineira. Parece que debido ós cambios climáticos, varios pobos da meseta trasladáronse a Galicia, incrementando a poboación e os conflitos entre pobos.
É a época de produción de diversos utensilios e xoias de ouro ou de bronce, que mesmo foron levadas máis aló dos Pireneos.
Floreceu na segunda metade da Idade de Ferro, resultado da fusión da cultura da Idade de Bronce e outras contribucións posteriores, coexistindo en parte coa época romana. Os celtas trouxeron novas variedades de gando, o cabalo domesticado e probablemente o centeo.
O primeiro pobo celta que invade Galicia é o dos saefes, no século XI a. C. Someterá os oestrimnios, pero este influirá no primeiro sobre todo no eido da relixión, da organización política e das relacións marítimas coa Bretaña. O seu carácter eminentemente guerreiro fixo que Estrabón dixese deles que eran os máis difíciles de vencer de toda Lusitania. Cómpre dicir que a provincia romana da Gallaecia propia dos galaicos aínda non estaba constituída política e administrativamente.
Os castros son recintos fortificados de forma circular, provistos dun ou varios muros concéntricos, precedidos xeralmente do seu correspondente foso e situados, os máis deles, no cume de outeiros e montañas. Entre os castros de tipo costeiro destacan o de Fazouro, Santa Trega, Baroña e O Neixón. No interior poden mencionarse os de Castromao e Viladonga. Común a todos eles é o feito de que o ser humano se adapta ó terreo e non ó contrario.
En canto ós templos, a única construción atopada é a de Elviña. O de Meirás conserva unha necrópole. Noutros castros existían pequenas construcións en forma de caixa onde se gardaban as cinzas (cultura sorotáptica, dos campos de enterramento de furnas ou Urnenfelder como se coñecen pola súa denominación en alemán). Existen tamén outras parcialmente soterradas, cun depósito para a auga, nas que os vestixios de lume indican que debían servir para incinera-los cadáveres.
Dende finais do Megalítico aparecen inscricións sobre as rochas graníticas a ceo aberto das que se descoñece aínda a verdadeira orixe e significado (son moi coñecidas as de Campo Lameiro).
Os romanos someteron a Galicia para aproveita-los seus recursos mineiros. Co tempo converteríana en provincia do imperio e recoñecerían a súa personalidade chamándoa Gallaecia. Con eles, os castros perderon o seu vello valor defensivo. Trouxeron novas técnicas, novas vías de comunicación, novas formas de organiza-la propiedade e unha lingua nova, pero foron tolerantes coa cultura existente.
O cristianismo chegaría a Galicia cos romanos. Lograría o que non acadou o latín e impúxose ó arianismo dos suevos e ó paganismo prerromano. Os suevos, que mantiveron Galicia como reino independente cento setenta anos, foron progresivamente mediatizados polos visigodos. Foi na súa época na que se impuxeron definitivamente a lingua latina e o cristianismo, evolucionando o primeiro cara ao galego e mesturándose o segundo cos costumes pagáns.
O islam chegaría ó sur de Galicia e só o norte se mantería como bastión da Reconquista ata que, logo de recupera-lo sur, este se independizara co nome de Portugal.
As actividades económicas dos castrexos baséanse na agricultura e gandería pastoril.
A aparición do sepulcro do Apóstolo 'Sant Iago' no século IX conferiulle a Galicia unha importancia clave dento do fortalecemento dos reinos cristiáns, erixíndose Santiago de Compostela como centro relixioso e destino de peregrinos que fortaleceron as ligazóns con Europa. O Camiño de Santiago converteuse nun eixe cultural polo que se espallaron, entre outros, a arte románica ou a lírica dos trobadores, facendo dela tamén un contrapeso cultural fronte ó centralismo.
A partir da escriturización normativa en castelán comezada por Afonso X, o galego como lingua comezou unha decadencia acelerada dentro do proceso de uniformación de España, pasando polos chamados Séculos Escuros, nos que a supervivencia lingüística foi só oral. No século XVIII comezouse a tomar conciencia da situación de división lingüístico-social entre o pobo galegofalante e os poderosos, castelanfalantes. Neste século, Galicia era un dos territorios máis poboados de Castela, e ata 1750 experimentou un rápido crecemento demográfico.[39]
En 1833 Galicia perde a súa representatividade como unidade administrativa e desaparece a Xunta do Reino de Galicia. É aquí onde nacen as actuais catro provincias galegas que estruturan o territorio baixo administración do goberno central. Anteriormente as divisións eran outras, sendo a anterior a división en cinco provincias (reinado de Fernando VII): Ourense, A Coruña, Lugo, Vilafranca do Bierzo (que foi dividida entre Ourense e León) e Vigo (que pasaría a Pontevedra).[40] Atopamos neste século o primeiro xurdimento dun movemento político que vai defender Galicia por causa desta perda de poder.
O pronunciamento de Solís vai levantar en armas a unha parte do exército para defende-la unidade de Galicia contra a perda da desa administración anterior. Finalmente foron masacrados na batalla de Compostela e o 23 de abril de 1846 fusilados os sobreviventes, coñecidos a partir de aí coma os Mártires pola Liberdade ou Mártires de Carral.
O Rexurdimento supón unha tentativa culturalista de defensa da galeguidade posterior a esa tentativa política o afianzamento da conciencia de diferenciación cultural parella a un ideal político de autopertenza. Isto supón a recuperación da lingua galega como vehículo de expresión culto. Desta época son Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Murguía, Manuel Leiras Pulpeiro ou Eduardo Pondal, entre outros.
Unha primeira etapa, ata Primo de Rivera, é a marcada polas Irmandades da Fala, cunha preocupación fundamental pola defensa da lingua. Ao estendérense, vai callando de novo a idea política do galeguismo. Así, Vicente Risco e Otero Pedrayo traballaron no aspecto cultural e tiveron contraparte no aspecto político en Porteira e Lois Peña Novo. O relevo constitúeo a chamada xeración Nós, en torno á revista do mesmo nome, acompañada de 1920 á Segunda República por unha preocupación pola creación dun galeguismo controlado e instrumental dende o poder político central.
Na Segunda República hai dúas tendencias fundamentais: a correspondente á Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e a contraparte no Partido Galleguista (PG). O PG xorde da unión de varias tendencias representadas nas figuras de Vicente Risco, R. Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas, Ramón Suárez Picallo, Castelao... En 1936 o PG, para lograr o estatuto para Galicia, aliouse coa Fronte Popular e como consecuencia desa alianza sufriu unha escisión. Porén, logrouse o Estatuto e Castelao presentouno nas Cortes pouco antes da guerra civil española.
Franquismo
Durante o franquismo, cualificado por Celso Emilio Ferreiro de "longa noite de pedra", sucedéronse diferentes etapas represivas coas ideas galeguistas, a partir da loita armada de moitos galeguistas contra Francisco Franco.[Cómpre referencia]
Na posguerra créase no exilio o Consello de Galiza, comandado por Castelao e Suárez Picallo. No ano 1944 sae do prelo Sempre en Galiza, guía ideolóxica do galeguismo. Pouco a pouco vaise optando polo mantemento dunha acción cultural, como manifesta a creación da editorial Galaxia.
Cunha poboación de 2 695 645 habitantes (1 297 301 homes e 1 398 344 mulleres; datos a 1 de xaneiro de 2021)[12] Galicia é a quinta comunidade autónoma de España por poboación.[12] A súa densidade de poboación, de 92,94 hab./km², é lixeiramente superior á media española e semellante á europea.
A poboación de Galicia concéntrase na súa maioría nas zonas costeiras, sendo as áreas das Rías Baixas e o Golfo Ártabro (áreas metropolitanas da Coruña e Ferrol) as de maior densidade de poboación. O concello de Vigo, con 292.374 habitantes, constitúe o máis poboado de Galicia, seguido dos da Coruña, 245 468 habitantes (2021),[13] e Ourense, 104 596 habitantes (2021).[13] Xunto con estas tres cidades, Galicia conta con outras catro localidades consideradas cidades: Lugo, Santiago de Compostela (capital administrativa de Galicia), Pontevedra e Ferrol.
Así mesmo, o país conta con outros cinco concellos con máis de 30.000 habitantes, dez concellos de entre 20 000 e 30 000 habitantes, e trinta e cinco de entre 10.000 e 20.000.
Segundo o censo de 2014, o nivel de fertilidade das galegas era de 1,07 fillos por muller fronte ao 1,32 estatal e menor á cifra de 2,1 fillos por muller necesarios para que se produza a substitución xeracional da poboación.[41] Entre as galegas, as ourensás e as luguesas son as que menos fillos teñen, con 0,99 e 1,04, sendo as primeiras, das que menos fillos teñen en España só por baixo das asturianas.[42] En 2013 rexistráronse en Galicia un total de 19.727 nacementos, o que supón 1.362 menos ca en 2012, segundo o IGE.[43] De feito, nos últimos anos Galicia vive unha diminución paulatina do número absoluto de nacementos dende o ano 2008, no que houbo 23.175 nacementos,[43] tras un breve período de recuperación entre os anos 2002 e 2008.
O saldo vexetativo, é dicir, a diferenza entre o número de persoas nadas e as falecidas, é negativo en Galicia dende final dos anos oitenta.[44] No 2013 houbo un total de 30.433 falecementos polo que a diferenza entre defuncións e nacementos é de 10.706 persoas.[43]
Canto á esperanza de vida, os galegos tiñan en 2013 unha esperanza de vida ao nacer de 82,59 anos (79,48 anos para os homes e 85,59 anos para as mulleres).[45] Dende 1981, ano en que a esperanza de vida dos galegos era de 75,4 anos, esta medrou en 7 anos, grazas á mellora da calidade de vida.[46] O avellentamento da poboación tamén se pon de manifesto no incremento de anciáns de idade avanzada que rexistra gradualmente a comunidade cada exercicio. Galicia contaba en 1996 con 226 persoas con máis de cen anos. Dezaoito anos despois, a cifra medrou un 466,8% ao superaren o século 1.281 galegos no ano 2014.[47]
No ano 2014 residían en Galicia 98.245 estranxeiros, o que supón o 3,57% da poboación total. As nacionalidades predominantes son a portuguesa (19,03% do total de estranxeiros), a romanesa (9,36%) e a brasileira (8,34%).[48]
Densidade de poboación por provincias.
Concellos máis densamente poboados de Galicia.
Densidade de poboación por parroquias.
Concellos que gañaron ou mantiveron a súa poboación en 2009.
Mapa dos concellos de Galicia coa poboación de 2010.
A finais do século XVIII, o reino de Galicia era a unidade territorial máis poboada da Monarquía Hispánica, e a única que superaba o millón de habitantes.[50] Após a abolición en 1833 dos antigos reinos da devandita monarquía, a historia demográfica de Galicia foi a dunha continua perda de peso respecto ao resto do Estado, froito da emigración cara a Iberoamérica, Centroeuropa ou outros territorios do Estado. Así, en 1857 a densidade de poboación en Galicia era a meirande de todas as rexións que conforman o estado, representando a cota galega o 11,49% da poboación española[f] Así e todo, no 2021, Galicia pasou a representar unicamente o 5,69% da poboación estatal.[51]
Evolución demográfica de Galicia e porcentaxe con respecto ao total estatal[52]
As provincias galegas divídense en 53 comarcas segundo o Decreto 65/1997 da Xunta. Delas, 18 comarcas pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal[55] e carecen de funcións administrativas.
Galicia está dividida en 313 concellos[56] e 3 771 parroquias.[7][h] O territorio do concello estrutúrase en parroquias e estas á súa vez en aldeas ou lugares.
Demograficamente, Galicia caracterízase pola súa alta taxa de dispersión demográfica, o que, xunto a un elevado número de poboacións, fai que un 50 % das entidades de poboación de España se atopen en Galicia, ocupando só o 5,8% da superficie total. Así, calcúlase que en Galicia existe máis dun millón de topónimos e microtopónimos.[57]
Galicia é unha terra de contrastes económicos. Mentres a costa oeste, sede dos maiores centros de poboación, e tamén das industrias manufactureiras e de derivados da pesca, é próspera e incrementa a súa poboación, a zona rural das provincias de Ourense e Lugo basea a maior parte da súa economía na agricultura tradicional, asentada no minifundio, ou pequenas explotacións agrícolas e/ou gandeiras. O crecemento do turismo, aproveitamento forestal sostible e agricultura orgánica e natural, así como explotacións gandeiras de certo tamaño están aumentando as posibilidades da economía galega.
Aséntanse en Galicia poucas grandes industrias. Cabe contar entre elas coa planta de aluminio que a multinacional Alcoa ten en San Cibrao (Cervo), a industria manufactureira de automóbiles da tamén multinacional Citroën en Vigo, a mina e as centrais térmica e de ciclo combinado de Endesa das Pontes de García Rodríguez, a refinería da Coruña ou os estaleiros de Ferrol e Vigo, con desigual sorte e en proceso de reconversión case continua na súa maioría dende os anos 80. Nos anos 90 unha industria galega comezou a desenvolverse internacionalmente, o grupo téxtil Inditex (Zara, Pull and Bear etc.), con sede en Arteixo.
As industrias manufactureiras de produtos agrícolas están en pleno retroceso, caendo en mans foráneas as industrias de derivados lácteos e outras sufrindo unha reestruturación, como lle pasou á antiga industria estatal FRIGSA (Frigoríficos Industriales de Galicia) que acabou sendo desmantelada, tratando de ocupar o seu lugar unha serie de empresas moito máis pequenas.
Galicia tamén conta con dúas importantes entidades financeiras filiais de entidades foráneas: Abanca, que é filial do grupo Banesco, e o Banco Pastor, que é propiedade do Banco Popular. Abanca é a marca comercial do banco que se creou no ano 2014 trala fusión por absorción do Banco Etcheverría por parte de NCG Banco, sendo este último á súa vez resultado da fusión de dúas caixas de aforros; Caixa Galicia e Caixanova. O Banco Pastor pola súa banda é unha marca para Galicia do Banco Popular, que o adquiriu no ano 2011. Até entón o Pastor era o segundo banco máis antigo de España despois do Banco Etcheverría.
A pesca, na que tradicionalmente Galicia é unha potencia, vén minguando o número de capturas dende hai anos tanto polo esgotamento das pesqueiras tradicionais como polas condicións políticas de acceso a estas. Estanse comezando a desenvolver os cultivos mariños, algúns deles seguindo a liña tradicional das mexilloeiras (que aínda hoxe representan a maioría do valor de especies cultivadas) ou as cetarias.
A agricultura e a gandería pasaron nunha xeración de ser practicamente de subsistencia a ser de comercialización, e seguen a sufrir cambios debido ao impacto da incorporación na UE e ás condicións de entrada. O número de explotacións agrarias está caendo rapidamente, así como se está a concentrar a cota leiteira, por citar dous indicadores.
O turismo, de desenvolvemento máis tardío ca noutras zonas da Península, representa hoxe en día unha importante fonte de ingresos, coa peculiaridade de que se concentra na costa (principalmente nas Rías Baixas) e Santiago.
Segundo o IGE, durante o ano 2014 Galicia recibiu 4.089.870 turistas en aloxamentos turísticos, un 8% máis que no ano 2013, e un 4,5% menos que o último ano santo xacobeo do 2010.[59] O turismo supón o 12 por cento do Produto Interior Bruto (PIB) galego e emprega a un 12 ou 13 por cento dos traballadores.
As principais fontes de xeración son os combustibles sólidos procesados transformados principalmente nas centrais térmicas de Meirama e As Pontes. Esta última é a maior central térmica de España cunha potencia de 1.468 Mw distribuída en catro grupos xeradores.[61]
A porcentaxe de produción de enerxía renovable (hidráulica, solar e térmica renovable) en Galicia no ano 2014 foi aproximadamente do 60 %.[60] Dentro deste grupo, as enerxías renovables están nunha etapa de gran crecemento, destacando a enerxía eólica que supuxo en 2005 o 83,1 % do total da potencia instalada de enerxías renovables, e que no ano 2014 colocaba a comunidade no terceiro posto nacional con 3.362 MW de potencia instalados[60] Nos próximos anos espérase unha expansión da enerxía térmica solar[62] así como da enerxía undimotriz.
Na xeografía galega destaca o contraste entre o relevo costeiro e o de interior, máis elevado có primeiro. Tamén contrasta a morfoloxía entre as chairas elevadas setentrionais e as serras e depresións meridionais.
O aspecto orográfico que presenta Galicia no seu interior é de montañas baixas e romas, con multitude de ríos, estruturados como tributarios do río Miño no interior, e nas cuncas atlántica e cantábrica, ríos máis curtos (en particular os que van ó mar Cantábrico). As pendentes suaves ás veces ceden o paso a ladeiras escabrosas, como ocorre nos canóns do Sil. Noutras zonas aparecen amplos vales, aínda que son minoritarios.
As rías destacan pola súa importante achega á pesca de Galicia, contribuíndo a que a costa galega sexa unha das zonas pesqueiras máis importantes do mundo.
Ó longo da costa galega atópanse pechando as rías un gran número de arquipélagos que destacan tanto polos seus fondos mariños como polas súas colonias de aves mariñas. Os principais grupos de illas son os arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora así como as illas de Cortegada (xunto cos tres arquipélagos anteriores forman o Parque nacional das Illas Atlánticas), Arousa, Sisargas e Malveiras.
O aspecto orográfico que presenta Galicia no seu interior é de montañas baixas e romas. As pendentes suaves ás veces ceden o paso a ladeiras escabrosas, como acontece nos canóns do río Sil. Noutras zonas aparecen amplos vales, aínda que son minoritarios.
Galicia é percorrida de norte a sueste por dúas fallas tectónicas, partindo as características do chan galego por tales lugares. Así, atopámonos na zona do Porriño con canteiras de granito, rocha moi abundante en boa parte de Galicia, pero ausente no extremo nordeste.
Galicia cualifícase moitas veces como a terra dos mil ríos pola cantidade de cursos fluviais que mantén. En xeral, e debido á súa pequenez, agás o Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros, non son navegables (excepción feita para pequenas barcas no treito final sen pendente dalgúns, que propicia a celebración de festas semiacuáticas como as chamadas "zaleas").
Os ríos galegos pertencen a dúas vertentes: a Cantábrica e a Atlántica. Na vertente cantábrica son ríos moi curtos, onde destaca o río Navia, que nace nos Ancares e desemboca na localidade asturiana de Navia, e o río Eo, que desemboca no límite con Asturias. Algo máis longos son na atlántica, coas excepcións novamente de Miño e Sil que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros, 310 e 225 km respectivamente, sendo o Miño o noveno de España en lonxitude. Na vertente atlántica cabe destacar ademais, de norte a sur, os ríos Eume, Tambre, Ulla, Lérez e Limia, que desemboca en territorio portugués.
Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica, debido ó caudal, pendente e angostura, o que produce tamén o fenómeno dos 'canóns', como os afamados canóns do Sil (moitos deles aproveitados para encoros).
En xeral, Galicia ten un clima suave de influencia oceánica, moi chuvioso. Con todo, a irregular orografía ten como consecuencia a existencia de múltiples microclimas, con fortes variacións en áreas con pouco máis de 200 km².
A grandes trazos, pódense distinguir as seguintes zonas:
As Rías Altas e interior da Coruña, cun clima oceánicohúmido. Rexistra o maior índice de precipitacións de Galicia, así como o menor número de días solleiros e o maior número de días con precipitacións.
A Ribeira Sacra, cun clima continental moi cálido propiciado polo val do río Miño e os diversos montes que rodean a cidade de Ourense. No verán danse seguido rexistros con temperaturas entre as máximas de toda a Península, que chegan a superar os 40 °C.
O territorio galego ten unha temperatura media anual ponderada de 13,3 °C.[64] Durante o inverno a temperatura media acada os 8,5 °C,[64] na primavera chega aos 15 °C,[64] no verán os 19 °C e durante o outono os 11 °C.[64] É, polo tanto, no primeiro terzo do ano (meses de xaneiro a marzo) cando se dan os valores máis baixos de temperatura para a maior parte de Galicia. É na zona atlántica de Galicia –provincias da Coruña e Pontevedra onde se rexistran as temperaturas medias anuais máis elevadas, superando lixeiramente os 14 °C e sendo de 1 a 2 °C máis altas cás de Lugo e Ourense, respectivamente. Os valores medios normalizados van dende mínimos por debaixo dos 6 °C nas montañas das serras orientais e surorientais (Os Ancares e O Eixo), ata máximos superiores aos 15 °C nas áreas costeiras a baixa altitude, especialmente nas Rías Baixas. A distribución espacial das temperaturas presenta unha variación costa-interior, relacionada coa presenza do océano Atlántico —quen ten un efecto de regulador térmico nas zonas costeiras e incluso en zonas máis interiores—, e outra norte-sur, en relación co balance anual entre as compoñentes climáticas temperada e subtropical. En conxunto, marcan un efecto diagonal NW-SE de diminución da temperatura é dicir, poderíase trazar unha liña dende Tui ata Ribadeo que diferenciaría dúas zonas principais climáticas en Galicia, unha con temperaturas máis suaves (a costa) e outra con temperaturas máis continentais (o interior).
Natureza
Flora
Galicia ten unha gran porcentaxe de monte (un 68,96%)[65] con máis de 600 millóns de árbores cubrindo a súa superficie, valorada en 28 000 millóns de euros,[66] onde se desenvolven importantes especies forestais en estado natural, aínda que nas últimas décadas as características boscosas están cambiando debido á importación do eucalipto, quedando un número de fragas reducido, en particular no centro-norte da provincia de Lugo.
Dentro do aproveitamento da terra fóronse introducindo diversos cultivos, pero respecto á cantidade de terra dedicada compiten cos pastos debido á presión do aproveitamento económico do gando.
Galicia é unha forte potencia de riqueza forestal para o Estado Español. A pesar dos incendios forestais que queiman moitas hectáreas tódolos anos, a madeira producida en Galicia é unha importante fonte de ingresos, así como a pasta de celulosa procedente de madeiras brandas. A rexión é unha zona de transición entre tres climas e os seus biótopos:[Cómpre referencia]
mediterráneo, principalmente nos vales interiores dos grandes ríos, con elementos significativos coma estevas, sobreiras, érbedos etc.;
continental bastante suavizado, con elementos puntuais coma teixos, acivros, algúns abetos (alóctonos), piñeiros vermellos etc.;
Debido á bonanza do clima, danse tamén facilmente especies subtropicais e mesmo tropicais: palmeiras, orquídeas etc. En Galicia houbo tres revolucións botánicas ou forestais, que se deron en tres épocas diferentes e con resultados ben distintos:
chegada do castiñeiro (Castanea sativa) cos romanos, rapidamente aclimatado e agora xa considerado coma autóctono;
chegada das repoboacións de piñeiro bravo (Pinus pinaster), co tempo chamado mesmo piñeiro do país ou piñeiro galego, dende o descubrimento de América, sobre todo para a construción de barcos;
Os animais que se ven topicamente como máis característicos de Galicia son domésticos, e corresponden ás explotacións gandeiras. Porén, os bosques e montes galegos albergan unha variedade de pequenos mamíferos (lebres, coellos) e outros non tan pequenos (como xabarís ou corzos) que son aproveitados nas tempadas de caza.
Dentro das aves, cabe citar os varios sitios de paso ou invernada, zonas ZEPA etc., como a da ría de Ribadeo.
O galego, idioma romance derivado do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común ao portugués (co que mantén un 85% de intelixibilidade)[69] e similar a outros romances ibéricos tales coma o asturiano ou o castelán.
A lingua galega desenvolveu tradición literaria temperá canda outros romances coma o occitano. Esta prematura tradición acredita o seu prestixio. Atravesou posteriormente períodos de decadencia literaria e sociolingüística debido ao status político de Galicia ao longo da súa historia.
Actualmente, a lingua galega posúe un estándar elaborado pola Real Academia Galega en base á súa tradición literaria. O galego contemporáneo, como lingua oficial, posúe unha variante culta que é empregada tanto nos medios de comunicación de Galicia coma no ensino primario, secundario e universitario.
A lingua galega é falada por máis de 3 millóns de persoas arredor do mundo. En relación ó número de falantes, o galego ocupa o posto 146 na lista mundial, na que están incluídos máis de 6.700 idiomas.[70]
O castelán comezou a se introducir na Baixa Idade Media sobre todo ao accederen casteláns a postos na Igrexa e na política galega, e acabou por converterse na lingua da clase dirixente e de facto na única lingua oficial e ao longo do século XX tamén na lingua falada por unha parte dos habitantes das cidades galegas. Despois de varios séculos de imposición política da lingua castelá, o galego acadou nos últimos decenios tamén o status de lingua oficial na comunidade autónoma galega, e ámbolos dous son aprendidos nos centros de ensino. Existe un forte movemento social que busca a plena normalización da lingua de Galicia.
Hai que notar que tanto o galego coma o portugués son derivados do antigo galego, chamado habitualmente galego-portugués. As dúas linguas comezaron a se afastaren progresivamente coa separación política de Portugal e Galicia.
Transportes e mobilidade
Aeroportos
En Galicia hai tres aeroportos situados no eixe atlántico, que dan servizo ás cidades máis importantes de Galicia:
Entre os portos galegos cabe destacar o porto de Vigo, que é o maior porto de pesca da Península Ibérica e un dos maiores do mundo.[75][76] O seu tráfico total en 2014 foi de 4.087.402 toneladas.[77] Outros portos a destacar son os de Ferrol-San Cibrao e A Coruña, cuns tráficos totais de 13.091.673 e 11.956.980 toneladas respectivamente,[77] así como os de Marín e Vilagarcía de Arousa, con 1.923.971 e 989.082 toneladas respectivamente.[77]
En Galicia hai ademais outros 122 portos[78] xestionados polo ente público Portos de Galicia.
Estradas
A rede de estradas de Galicia está formada por varias autoestradas e autovías que unen as principais cidades, e unha rede nacional e secundaria que chega ó resto de concellos.
No interior de Galicia atopamos a AP-53/AG-53 (Autoestrada Central Galega) entre Santiago e Ourense. Están actualmente en construción as autovías A-54 entre Santiago e Lugo, e A-56 entre Lugo e Ourense. Hai ademais da AG-53 outras autoestradas e autovías con titularidade da Xunta de Galicia, que dan servizo a algunhas capitais comarcais, como:
A rede de ferrocarril en Galicia rolda os 1.100 km. Hai varias liñas de largo ibérico (1.668 mm) que corresponden a Adif e Renfe Operadora e que unen tódalas cidades galegas. Hai outra liña de largo inferior (1.000 mm) correspondente a FEVE, co percorrido Ferrol-Ribadeo-Oviedo. De todas estas liñas a única electrificada é a que entra por Ponferrada cara a Monforte, Ourense e Vigo.[80]
Alta velocidade
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
O 10 de decembro de 2011 inaugurouse a liña de alta velocidade entre Ourense e A Coruña, aínda que en ancho ibérico para facilitar a circulación dos trens ata a inauguración do treito entre Zamora e Ourense, que conectará Galicia co resto da rede de alta velocidade. En 2015 quedou inaugurado o treito do eixe atlántico entre Santiago e Vigo, tamén en ancho ibérico de xeito provisional.
Como acontece coa maior parte das linguas romances, as primeiras manifestacións literarias en galego (algunhas veces denominado actualmente galego-portugués) datan da Idade Media. Logo desta etapa medieval (na que resulta especialmente relevante a produción poética), tivo lugar un longo período de algo máis de tres séculos de seca literaria, denominados séculos escuros, no que se produciu un case total abandono da lingua galega como lingua literaria. Co Rexurdimento, fundamentalmente na segunda metade do século XIX, a literatura en galego volve a cultivarse xurdindo nomes fundamentais como Rosalía de Castro.
Galicia é un país cunha ampla e fonda tradición musical. A súa riqueza musical reside na variedade de ritmos musicais así como de instrumentos.
Os instrumentos empregados na música galega viran fundamentalmente ao redor dos de vento e percusión. De entre todos eles, destaca a gaita como o máis estendido e coñecido, aínda que ultimamente estase prestando especial atención á recuperación daqueles instrumentos que foron caendo no esquecemento, principalmente os diferentes tipos de frautas galegas e a zanfona. En canto aos de percusión, hai unha gran variedade, podendo citarse o tamboril, o bombo e a pandeireta, entre outros. Algunhas das agrupacións tradicionais galegas teñen máis de cen anos de historia como o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol ou o coro Cántigas da Terra da Coruña.
En canto a ritmos musicais destacan as muiñeiras, danzas folclóricas tradicionais que teñen orixe nos muíños onde se moían o trigo e o millo; e alalás. O grupo galego de música tradicional máis coñecido tanto no país como fóra é Milladoiro,[81] mestura da música tradicional con ritmos e sons doutras culturas.
Festa de San Froilán: son as festas dedicadas ao patrón da cidade de Lugo, entre o 4 e o 12 de outubro. Estas festas de Interese Turístico Nacional reúnen todos os anos multitude de visitantes, chegando na súa edición de 2015 a reunir a 570.000 persoas.[83] Son famosas sobre todo polas tradicionais casetas onde se desgusta o polbo á feira.
Festa do marisco: vén celebrándose cada outubro dende 1963 no Grove. Na década de 1980 foi declarada de Interese Turístico Nacional. A degustación de marisco fresco a prezos populares é, sen dúbida, o maior atractivo desta cita.
Rapa das bestas de Sabucedo: celébrase a primeira fin de semana de xullo en Sabucedo (A Estrada), é un acontecemento de tradición ancestral, declarado de Interese Turístico Nacional en 1963 e Internacional no 2007. É a rapa máis famosa de Galicia, consiste en baixar do monte cabalos salvaxes e levalos a un recinto pechado denominado "fachendoso", onde se lles corta as crinas e márcase aos poldros. Unha diferenza respecto das demais rapas de Galicia, é que na de Sabucedo os "aloitadores", encargados de inmobilizar aos animais para poder cortarlles as crinas e marcalos, non utilizan ningunha axuda.
Festival de Ortigueira: celébrase na localidade de Ortigueira durante catro días. Primeiro celebrouse dende 1978 a 1987, e actualmente celébrase dende 1995. O festival baséase na cultura celta, música folk e encontro con distintos pobos, o cal fai deste festival algo importante para o coñecemento doutras culturas ou pobos vidos de moitas partes de España e do mundo, cada mes de xullo nas datas sinaladas reúnense un número de persoas próximo ás 100.000 por edición. Está considerado Festa de Interese Turístico Internacional dende o ano 2005.
Romaría Viquinga de Catoira: é unha festa profana que se celebra na localidade de Catoira o primeiro domingo de agosto. Celébrase dende 1960 e rememora feitos históricos na defensa de Galicia dos ataques de piratas normandos e sarracenos que buscaban o tesouro da Igrexa compostelá. En 2002 foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional.
Festa do Corpus Christi de Ponteareas: vénse celebrando dende 1857 en Ponteareas. Na fin de semana seguinte a Corpus Christi celébrase a festa máis representativa, as alfombras florais. Está considerada Festa de interese turístico dende 1968, de interese turístico nacional dende 1980 e internacional dende 2009.
Fogueiras de san Xoán na Coruña: festa ancestral ligada ao solsticio de verán, celebrada en toda Galicia na noite do 23 ao 24 de xuño e que no caso da cidade da Coruña está declarada de interese turístico internacional dende o ano 2015. Son tradicionais as sardiñadas e as grandes fogueiras polos barrios e as praias da cidade.
Entroido: é unha festa de carácter tradicional que se celebra antes da Coresma, entre os meses de febreiro e marzo en toda Galiza con características particulares, disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións. Están declaradas festas de interese nacional tanto o entroido de Xinzo de Limia coma o de Verín.
A gastronomía galega destaca pola súa variedade e pola calidade dos seus produtos, demostrada en moitos casos polos 30 produtos galegos con Denominación de Orixe Protexida.[84] A miúdo os produtos galegos son protagonistas de gran cantidade de feiras e festas patronais e gastronómicas referencia ineludible para o turista que visita Galicia.
A cociña galega tanto nas zonas do interior como nas costeiras sempre foi moi sinxela, debido á escaseza de recursos dos que dispor. O porco formaba a base da alimentación nas terras do interior. Na zona costeira tamén se consumía este tipo de carne, pero a base da alimentación constituíaa o peixe.
De todos os que se definen como crentes, tanto no catolicismo como noutras relixións, o 27,9% nunca asiste a oficios relixiosos máis alá de cerimonias de tipo social como vodas, cabodanos, enterros, bautizos etc., o 23,2% non asiste case nunca, o 18,4% asiste varias veces ao ano a oficios relixiosos, o 10,6% asiste dúas ou tres veces ao mes, o 17,1% asiste todos os domingos e festivos e un 2,2% afirma que vai varias veces por semana.
No ano 1933 Galicia foi recoñecida como nación polo Congreso de Nacionalidades Europeas, organismo predecesor da ONU.[103] Os estudos sociolóxicos poñen de manifesto a consideración de Galicia como nación por unha parte[Cómpre clarificar] dos seus cidadáns[104] e o seu desexo dun maior grao de autogoberno[Cómpre referencia][105]. As tendencias nacionalistas, e mesmo as non-nacionalistas, en Galicia son, na súa meirande parte, de tipo federalista, isto é, a formación dunha federación co resto dos actuais territorios españois ou peninsulares. Ademais, tamén existen grupos independentistas.
A Xunta de Galicia é o órgano colexiado sobre o cal recae a potestade executiva e administrativa do goberno. Está integrada polo presidente, o vicepresidente, e outros nove conselleiros. A comunidade exerce as súas funcións administrativas pola vía da Xunta e dos seus entes e órganos dependentes. A Xunta tamén coordina as actividades das Deputacións Provinciais.
O Presidente da Xunta de Galicia dirixe e coordina as accións da Xunta e ten a representación da comunidade autónoma e a ordinaria do Estadoespañol en Galicia. É membro do Parlamento e é electo polos deputados e nomeado polo rei de España.
Cando foi creada o 19 de xuño de 1991, dispoñía de 157 axentes, destinados na capital de Galicia. En 1993 son 264 e ábrense as catro sedes provinciais e en 1997 a sede de Vigo. No ano 2000 son 407. No 2004, os plans da Xunta eran que o número de axentes chegase aos 1.500 en tres anos, a metade dos cales ocuparíanse de funcións de vixilancia do tráfico.[108] Mais no 2007 eran 420 os membros da unidade. A finais do ano 2013, o corpo dispuña de 462 membros.[109]
Por outra banda, os plans para a policía autonómica galega do goberno da Xunta, pretenden que asuma as mesmas competencias que outras policías autonómicas, sobre todo no referente a actividades de policía xudicial e de seguridade cidadá. Ademais, "a Xunta de Galicia garantirá o coñecemento da realidade sociopolítica, xurídica e cultural, e o coñecemento e uso da lingua galega de todos os funcionarios que se incorporen á policía autonómica".[110]
O Centro Territorial de Galicia da TVE comezou a emitir programación propia en 1974. Por primeira vez a televisión contaba con programación regular en lingua galega.
Tamén existiu unha televisión privada de ámbito galego, con programación en galego e castelán VTelevisión que deixou de emitir o 1 de xaneiro do 2018. Durante uns anos existiu tamén Popular TV de Galicia.
A primeira experiencia de televisión local en Galicia data de 1984 en Narón. A mediados dos anos noventa xeneralízanse e en 2006 existían 36 emisoras locais no país. Coa chegada da TDT establecéronse demarcacións supramunicipais para as televisións locais, outorgando o goberno galego as concesións para a televisión local no ano 2006.
Radio
A Radio Galega (RG) é a radio pública de Galicia. Forma parte da CRTVG do mesmo xeito que a Televisión de Galicia. Radio Galega comezou a emitir en fase de probas o 24 de febreiro de 1985, e iniciou a súa programación regular o 29 de marzo do mesmo ano. Conta con dúas cadeas que emiten de forma convencional, sendo Radio Galega, que emite programación xeneralista, e Radio Galega Música, que emite música. Hai tamén un bo número de emisoras locais asociadas na EMUGA.
↑Galicia constitúe o único topónimo oficial.[1] Segundo as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego: «Teñen terminación -cia, entre outros, acacia, … etc. Entre estas palabras está Galicia, voz lexítima galega, denominación oficial do país e maioritaria na expresión oral e escrita moderna. Galiza é tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo».[2]
↑O termo Galiza, segundo as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego da Real Academia Galega do ano 2003, acéptase para referírmonos á Comunidade Autónoma de Galicia (mantendo esta última como forma recomendada), xa que a pesar do estabelecido nas NOMIG, que xunto co VOLG son os únicos textos con carácter normativo para a lingua galega (véxase «Lei de normalización lingüística»), sobre o carácter equivalente dos termos Galicia e Galiza, o Estatuto de Autonomía, di, no seu Artigo 1.1. Galicia, nacionalidade histórica, constitúese en Comunidade Autónoma...polo que este é o nome oficial da comunidade autónoma.
↑Segundo o Dicionario da Real Academia Galega: "nacións.f. Comunidade humana, instalada nun territorio definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa. A nación de Breogán. Sociedade de nacións. CF. país, pobo, terra."
No dicionario Digalego, Ir Indo. "Nación (lat.natione). s.f. Comunidade de individuos aos que uns vínculos determinados, basicamente culturais, económicos e unha historia común, lles dan unha fisionomía propia, diferenciada, e unha vontade de organización e proxección autónoma que os leva a querer dotarse de institucións propias, ata que se constitúa o estado."
↑Datos calculados a partir dos datos do censo de 1857 [Total España:15 464 340, A Coruña: 551 989, Lugo 424 186, Ourense: 371 818, Pontevedra 428. 886] publicados na fonte: Usuario:Rodriguillo. "Evolución Población Provincias España 1787 - 1900."(PDF). Wikimedia Commons. Consultado o 15 de maio de 2022. que recompila diversas fontes, neste caso a obra citada é "Breve Historia de los censos"(PDF). Cifras INE: Boletín informativo del Insituto Nacional de Estadística2001 (4): 7. M-17947-2001.
↑3 778 segundo o Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población, realizado en base ao Registro de Entidades Locales (MINHAP), Instituto Nacional de Estadística e bases de datos cartográficas do Instituto Geográfico Nacional. Última actualización do nove de xaneiro de 2017"Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población - Conjunto de datos". datos.gob.es(en castelán). Consultado o 17 de maio de 2022.
↑3 778 segundo o Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población, realizado en base ao Registro de Entidades Locales (MINHAP), Instituto Nacional de Estadística e bases de datos cartográficas do Instituto Geográfico Nacional. Última actualización do nove de xaneiro de 2017"Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población - Conjunto de datos". datos.gob.es(en castelán). Consultado o 17 de maio de 2022.
↑"No, los Reyes Católicos no fundaron España". Público(en castelán). Zaragoza. 11 de decembro de 2017. el tribunal [Tribunal Supremo de España] dejó claro que el reino de Castilla y la Corona de Aragón seguían siendo entidades autónomas incluso tras la llegada de los Borbones con la victoria de Felipe V en la Guerra de Sucesión y la publicación, entre 1707 y 1716, de los decretos de Nueva Planta con los que desmanteló las instituciones propias de los territorios que integraban el segundo de esos sujetos políticos
↑María L. Loureiro García e Melina Barrio Martínez; Valoración medioambiental, cultural y paisajística de los espacios rurales gallegos: una perspectiva económica. Centro de Investigación Económica y Financiera, Fundación Caixa Galicia (2009). ISBN 978-84-96982-35-2.
———— (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Trivium. XIII premio de historia medieval de Galiza e Portugal 2013. Toxosoutos. ISBN978-84-15400-78-3.
————; Loira de Tresaldeas, Félix (1998). Excursión polas furnas e covas de Galicia. Vigo: Asociación galega para a cultura e a ecoloxía (AGCE); Instituto Galego de Estudios Mariños (IGEM). ISBN84-87904-11-4.