Galicia foi unha publicación editada en Madrid de 1906 a 1909.
Historia e características
Subtitulada primeiro Revista quincenal ilustrada e despois Revista ilustrada, xurdiu como iniciativa da colonia galega no seo do Centro Gallego de Madrid e comezou a súa andaina o 25 de xullo de 1906. Foi fundada e dirixida por Augusto de Santiago Gadea, que asina como “Abate Lepe” curiosas noticias baixo a epígrafe “Tijereteos”. Pasou a finais de 1907 a mans de Javier Vales Faílde, Manuel Vidal Rodríguez e Basilio Álvarez, e Manuel Vidal pasou a ser director, sendo substituído a partir do número 21 por Basilio Álvarez. Entre os seus colaboradores figuraron Ramón María del Valle-Inclán, Prudencio Canitrot, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Javier Valcarce García, Benigno López Sanmartín e o mesmo Augusto C. de Santiago.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos