A cor característica do uniforme é o verde, dende a reforma da uniformidade realizada no ano 1943. Anteriormente, dende a época fundacional, a cor tradicional foi o azul. O elemento da uniformidade que caracterizou á Garda civil é o tricorne, malia que actualmente, ademais deste, úsanse outras pezas de cabeza: teresianas e boinas.
Casas cuartel
Os acuartelamentos da Garda civil dispoñen, na meirande parte dos casos, de vivendas para os membros do Corpo e as súas familias. De aí a súa denominación de Casa cuartel, cuxa razón de ser é a dispoñibilidade inmediata dos Gardas ante as necesidades da sociedade que requiran da súa presenza con prontitude.
Na entrada das Casas cuartel atópase a "tablilla", gravada ou inscrita na parede, coa lenda "Casa cuartel da Garda civil". Posteriormente, incluíuse o lema "Todo por la Patria", ó ser un corpo militar.
Lema
O lema da Garda civil é "A honra é a miña Divisa", extraído do Artigo 1º do Regulamento para o Servizo escrito polo seu fundador, que di literalmente: "A honra é a principal Divisa da Garda civil. Debe, por tanto, conservarse sen tacha. Unha vez perdido, non se recobra xamais", e que reflicte o espírito que rexe ó Instituto e a calidade máis valorada por este. Outra característica particular deste corpo, é que os cuarteis poden ser tamén vivendas das familias dalgúns dos seus compoñentes: as casas cuartel. Na entrada das mesmas hai un cartel no que está escrito: "Todo por la Patria".
Do Ministerio de Defensa en canto a ascensos e misións de carácter militar, así como en «Estado de Sitio» e en «tempo de guerra».
Ademais, atende as necesidades do Ministerio de Facenda relativos ao Resgardo Fiscal do Estado.
Especialidades
Uniforme actual da Garda civil
Seguridade na estrada
Gala e oficial
A fin de dar o maior servizo posible á sociedade, a Garda civil, ó longo da súa historia, foi creando diversas especialidades que cubrisen dun xeito máis eficaz as competencias asignadas:
Unidades Operativas
Seguridade Cidadá: Patrullas policiais en demarcacións territoriais.
Agrupación de Reserva e Seguridade (ARS), no que se inclúen o Escuadrón de Cabalería e a Unidade de Recoñecemento de Subsolo (URS), ademais dunha compañía de Operacións Internacionais.
Agrupación de Tráfico. Tamén con diferentes subespecialidades: motoristas, equipos de atestados e investigación de accidentes, operadores de radar ou investigación doutros delitos relacionados co automóbil.