Gary Thain, nado en Christchurch o 15 de maio de 1948 e finado en Londres o 8 de decembro de 1975, foi un baixista neozelandés de rock.
É coñecido polo seu traballo con Uriah Heep e a banda Keef Hartley. Un dos máis baixistas de rock máis dotados dos anos setenta. O seu estilo, poderoso, rápido e melódico, deu nova vida ás pezas de Uriah Heep, en óptima colaboración co batería Lee Kerslake. Orixinalmente membro da banda Keef Hartley, convencérono para formar parte de Uriah Heep durante a xira de Look At Yourself; gravou con eles Demons and Wizards (1972), The Magician's Birthday (1972), Live (1973), Sweet Freedom (1973) Live at Shepperton (1974) e Wonderworld (1975).
Traxectoria
Inicios
Empezou a tocar cando o seu pai, quen vista a súa paixón, mercoulle un baixo cando fixo catorce anos. Despois de rematar os seus estudos converteuse no baixista do Plainsman, un local onde se tocaba blues dun xeito particular: os cantantes chegaban sen grupo ningún, e os instrumentistas do local acompañábanos. Isto facía que tivesen que aprender novas músicas todos os días. Despois desta experiencia, pasou a traballar nun garaxe en Christchurch que hoxe é un verdadeiro museo na súa honra. Estivo en Australia durante un ano e, a continuación, marchou a Inglaterra para unirse ás fileiras do seu primeiro grupo profesional New Nadir. A principios de 1968, New Nadir gravou un álbum para Witchseason que, no entanto, nunca saíu ó mercado. En 1970 Joe Boyd gravou un álbum con artistas da Witchseason utilizando unha peza de New Nadir, cantada por Elton John e David Byron. En 1968 New Nadir desfíxose e Gary Thain uniuse a The Keef Hartley Band, onde, ademais de tocar o baixo, cantou como solista unha peza intitulada "You Say You're Together Now"; con eles tocou no concerto de Woodstock en 1969. En 1970 Gary Thain participou no álbum Fiends And Angles de Martha Veléz. Continuou, entrementes nas fileiras da Keef Hartley Band ata o álbum 72nd Brave - que inclúe tamén unha peza composta por el. En 1971, Gary tocou no álbum Bright City de Miller Anderson, e con el ingresou nese ano na Pete York Persussion Band, que rompe pouco tempo despois.
Uriah Heep
Foi nesta altura que Gary recibiu unha chamada de Ken Hensley solicitándoo para unirse ó grupo Uriah Heep. Ó primeiro Gary non estaba convencido como o seu amigo Mark Clarke dixéralle que non quería seguir cos Uriah Heep. A incerteza, porén, durou pouco como Gary Thain uniuse á xira por América dos Uriah Heep como o baixista do grupo. Nun concerto en Dallas o 15 de setembro de 1974 sufriu unha descarga eléctrica, permaneceu no hospital tres semanas. Algún tempo despois volveu a se unir á banda, pero o seu consumo de heroína impediulle continuar con eles. O 8 de decembro de 1975 a súa moza, Yoko, atopouno morto no seu apartamento por unha sobredose.
Discografía (LP)
Champion Jack Dupree
Martha Veléz
Keef Hartley Band
- Halfbreed (1969)
- The Battle of North West Six (1969)
- The Time is Near (1970)
- Little Big Band Live at The Marquee 1971 (1971)
- Overdog (1971)
- 72nd Brave (1972)
Miller Anderson
Pete York Percussion Band
- The Pete York percussion band (1972)
Uriah Heep
- Demons and Wizards (1972)
- The Magician's Birthday (1972)
- Live (1973)
- Sweet Freedom (1973)
- Wonderworld (1974)
Ken Hensley
- Proud Words on a Dusty Shelf (1973)
Discografía (sinxelos)
The Strangers
- A Side: My Blue Heaven
- B Side: The Dark At The Top Of The Stairs
- A Side: Pretend
- B Side: Alright
- A Side: Can't Help Forgiving You
- B Side: I'll Never Be Blue
The Secrets
- A Side: It's You
- B Side: You're Wrong
Champion Jack Dupree
- A Side: Ba La Fouche (MT/Jack Dupree)
- B Side: Kansas City (Jerry Leiber/Mike Stoller)
Martha Veléz
- A Side: Tell Mama
- B Side: Swamp Man
Keef Hartley Band
- A Side: Don't be afraid
- B Side: Hickory
- A Side: Halfbread
- B Side: Waiting around
- A Side: Just to cry
- B Side: Leave it 'til the morning
- A Side: Plain talkin
- B Side: We are all the same
1970:
- A Side: Roundabout
- B Side: Roundabout pt 2
1973:
- A Side: Dance to the music
- B Side: You and Me