Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Gemma Nierga

Modelo:BiografíaGemma Nierga

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Gemma Nierga Barris Editar o valor en Wikidata
1 de novembro de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Xirona, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, presentadora de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorTelevisión Española
TV3 Editar o valor en Wikidata
ProfesoresManel Armengol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1203684 BNE: XX1175581 Editar o valor en Wikidata

Gemma Nierga Barris, nada en Xirona en 1965, é unha xornalista catalá.

Traxectoria

Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona. Deuse a coñecer en 1984 como presentadora dun programa de cine en Radio Vilassar de Dalt. En 1985 pasa á Cadena 13 de Barcelona, tralo cal se incorpora a TV3 para presentar o espazo Dit i fet entre 1987 e 1989.

En 1987, ficha pola Cadena SER. Comezou como reporteira nun programa matinal, e máis tarde pasou ó horario nocturno onde se fixo cargo do coñecido programa Hablar por hablar, que nos seus comezos se emitía para as emisoras de Cataluña e, desde 1994 (e ata a actualidade con distintas presentadoras), para toda España. Tamén fixo na Cadena SER espazos culturais, de sucesos e de entrevistas, sobre todo dentro do programa informativo Hora 25.

Naquela época, 1993, seguiu presentando en TV3 en diferentes programas, como Tres senyores i un senyor, Pares i fills e Tothom per tothom. Ademais, en 1995, presentou, en TVE, o programa El destino en tus manos e, en 1997, Hablando con Gemma en Telemadrid, Euskal Telebista e Canal Sur.

Gañou o Premio Ondas 1997 polo programa Hablar por hablar. Ademais é autora do libro do mesmo título, no que recolle experiencias vividas ó longo do espazo co que Nierga conseguiu facerse co liderado de audiencia na franxa de madrugada.

En 1997, trala saída de Javier Sardà fíxose cargo do programa La Ventana da Cadena SER, líder de audiencia na súa franxa horaria. Con este programa conseguiu o Premio Ondas Internacional de radio 2000 pola tertulia de nenos.

Asasinato de Lluch

A raíz do asasinato do seu contertulio e amigo Ernest Lluch o 21 de novembro de 2000, pola banda terrorista ETA, foi obxecto dunha gran polémica cando na manifestación en repulsa polo crime fixo as seguintes declaracións:

Estou convencida de que Ernest, mesmo coa persoa que o matou intentaría dialogar: vostedes, que poden, dialoguen por favor.

Vida persoal

En xullo de 2004, casou con José Antonio Cabanillas, tenente de alcalde por Izquierda Unida (IU) na cidade de Córdoba, onde residen. É nai dun neno, Pau, que naceu o 28 de setembro de 2005.

Kembali kehalaman sebelumnya