Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Gerhard Ludwig Müller

Modelo:BiografíaA Súa Eminencia Editar o valor en Wikidata
Gerhard Ludwig Müller

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1947 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Maguncia, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Cardeal presbítero Santa Inês em Agonia (diaconia) (pt) Traducir
1 de xullo de 2024 –
← el mesmo
Cardeal diácono Santa Inês em Agonia (diaconia) (pt) Traducir
22 de febreiro de 2014 – 1 de xullo de 2024
← Lorenzo Antonettiel mesmo →
Nomeado por: Francisco
Prefect of the Congregation for the Doctrine of the Faith (en) Traducir
2 de xullo de 2012 – 1 de xullo de 2017
← William Joseph Levada (pt) TraducirLuis Ladaria (pt) Traducir →
Arcebispo católico
2 de xullo de 2012 –
Nomeado por: Bieito XVI
Bispo diocesano
24 de novembro de 2002 – 6 de decembro de 2012
← Manfred MüllerRudolf Voderholzer (pt) Traducir →
Diocese: diocese de Ratisbona (pt) Traducir

Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic
Universidade de Maguncia
Universidade de Freiburg im Breisgau Editar o valor en Wikidata
Director de teseKarl Lehmann Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Múnic Editar o valor en Wikidata
OcupaciónArcebispo (2012–), bispo católico (2002–), sacerdote católico (1978–), teólogo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic Editar o valor en Wikidata
Membro de
ConsagraciónFriedrich Wetter (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata
(la) Dominus Jesus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webcardinal-mueller.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1082434

Gerhard Ludwig Müller, nado en Finthen (Baviera) o 31 de decembro de 1947, é un teólogo, arcebispo católico latino e cardeal alemán, que dende 2012 ocupa o cargo de Prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe da Igrexa Católica.

Biografía

Primeiros anos

Gerhard Müller naceu en Finthen, un distrito de Maguncia, o 31 de decembro de 1947;[1] fillo de Martin Müller e de Lioba, de apelido de solteira Straub. Logo de graduarse polo Bischöfliches Willigis-Gymnasium en Maguncia, estudou Filosofía e Teoloxía nas universidades de Maguncia, Múnic e Friburgo.

Doutorouse en 1977 cunha tese sobre a teoloxía de Dietrich Bonhoeffer, co título "Kirche und im Sakramente religionslosen Christentum. Bonhoeffers Beitrag zu einer Ökumenischen Sakramententheologie", dirixida polo profesor Karl Lehmann. Ao ano seguinte, o 11 de febreiro de 1978, foi ordenado sacerdote da diocese de Maguncia polo bispo Hermann Volk; e exerceu de vigairo parroquial en Klein Krotzenburg, Bürstadt e Offenbach am Main, e ao mesmo tempo foi profesor de relixión en Büdingen e Nidda.

En 1985 presentou unha disertación co título "Gemeinschaft und der Verehrung Heiligenstadt. Geschichtlich - systematische Grundlegung der Hagiologie" (Comuñón e veneración dos santos. Bases históricas e sistemáticas da haxioloxía)". Posteriormente, entre 1985 e 2002, foi profesor de Teoloxía Dogmática da Universidade de Múnic.

Episcopado

O 1 de outubro de 2002 Xoán Paulo II nomeuno bispo de Ratisbona, recibindo a consagración episcopal o 22 de novembro de mans do arcebispo de Múnic e Frisinga Friedrich Wetter.

En 2005 publicou un libro conxuntamente con Gustavo Gutiérrez Merino, un dos teóricos da teoloxía da liberación, co título "Del lado de los pobres" (Instituto Bartolomé de las Casas, 2005). Na súa obra buscou presentar de maneira orgánica as realidades fundamentais do cristianismo.

Prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe e Cardeal

O 2 de xullo de 2012 Bieito XVI nomeouno Prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe, nomeándoo tamén presidente da Ponficia Comisión "Ecclesia Dei", da Comisión Teolóxica Internacional e da Pontifica Comisión Bíblica, ademais de elevarlle á dignidade de arcebispo.[2]

O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco nomeouno como membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[3] O 22 de febreiro de 2014 foi creado cardeal polo papa Francisco, co título de Cardeal-Diácono de Sant'Agnese in Agone.[4]

Posturas doutrinais

Teoloxía da liberación

Con ocasión do seu nomeamento como doutor honoris causa pola PUPC en 2008, Müller impartiu unha conferencia baixo o título "Mis experiencias con la teología de la liberación".[5] Falando de Gustavo Gutiérrez, de quen é pupilo e amigo persoal, Müller afirmou:

A teoloxía de Gustavo Gutiérrez, independente do ángulo dende o que se mire, é ortodoxa porque é ortopráctica, e ensínanos o adecuado actuar cristián porque procede da verdadeira fe.[5]

Aínda que unha parte da teoloxía da liberación foi considerada incompatible coa doutrina católica, a diferenza doutros teólogos desta corrente, Gustavo Gutiérrez nunca foi censurado pola Santa Sé, aínda que nalgunha ocasión se lle pediron modificacións aos seus traballos.

Distincións e premios

Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade Católica de Lublin en 2004,[6] pola Universidade Cardeal Stefan Wyszyński en Varsovia en 2007[7] e pola Pontificia Universidade Católica do Perú en 2008.

O 28 de maio de 2009 o primeiro ministro bávaro Horst Seehofer concedeulle a Orde do Mérito da República Federal de Alemaña (Primeira Clase).

Obra

  • Bonhoeffers Theologie der Sakramente. J. Knecht. 1979. 
  • Für andere da: Christus Kirche Gott in Bonhoeffers Sicht der mündig gewordenen Welt. Verlag Bonifacius-Druckerei. 1980. 
  • Gemeinschaft und Verehrung der Heiligen 1. 1984. 
  • Gemeinschaft und Verehrung der Heiligen 2. 1984. 
  • Heiligenverehrung: ihr Sitz im Leben des Glaubens und ihre Aktualität im ökumenischen Gespräch. Schnell & Steiner. 1986. 
  • Gemeinschaft und Verehrung der Heiligen: geschichtlich-systematische Grundlegung der Hagiologie. Herder. 1986. 
  • Priesterlicher Dienst: theologische Überlegungen. Pressereferat d. Erzdiözese München und Freising. 1988. 

Obras colectivas

Notas

  1. Weimer, Wolfram (edición) (2012). Pattloch eBook, ed. Who is Who der Katholiken: Ausgabe 2013/2014. pp. 1940–1941. ISBN 9783629320568. 
  2. Sala Stampa della Santa Sede, ed. (2 de xullo de 2012). "Rinuncia dell Prefetto della Congregazione per la Dottrina della Fede [...] e nomina del succesore". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (398). 
  3. "Conferme e nomine nella Congregazione per le Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0120). 19 de febreiro de 2014. Il Santo Padre Francesco [...] ha nominato Membri [...] Gerhard Ludwig Müller. 
  4. Sala Stampa della Santa Sede, ed. (22 de febreiro de 2014). "Concistoro ordinario pubblico per la creazione dei nuovi cardinali: assegnazione dei titoli o delle diaconie ai nuovi porporati". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (130). 
  5. 5,0 5,1 "Mis experiencias con la teología de la liberación". Páginas (Centro de estudios y publicaciones) 34 (213): 22–31. ISSN 1022-7873. La teología de Gustavo Gutiérrez, independiente del ángulo desde el que se mire, es ortodoxa porque es ortopráctica y nos enseña el adecuado actuar cristiano porque procede de la verdadera fe 
  6. Universidade Católica de Lublin (ed.). "Doktorzy Honoris Causa KUL". Consultado o 21 de outubro de 2014. 
  7. "Doktorzy Honoris Causa Uniwersytetu Kardynała Stefana Wyszyńskiego w Warszawie". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2012. Consultado o 20 de outubro de 2014. 

Véxase tamén

Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Manfred Müller
 Bispo de Ratisbona 
1 de outubro de 2002 - 2 de xullo de 2012
Sucesor:
Rudolf Voderholzer
Predecesor:
William Levada
 Prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe 
2 de xullo de 2012 - actualidade
Sucesor:
(No cargo)
Kembali kehalaman sebelumnya