O Taipei Golden Horse Film Festival and Awards (en chinés 台北金馬影展 Táiběi Jīnmǎ Yǐngzhǎn) é un festival de cinema e cerimonia de premios que se celebra anualmente en Taiwán, establecida en 1962 pola Oficina de Información do Goberno da República da China. A cerimonia de entrega de premios realizouse tradicionalmente en novembro ou decembro en Taipei, non obstante nos últimos anos rota por diversas cidades da illa.
En 1990 a organización pasou á Fundación para o Desenvolvemento do Cine que estableceu un Comité Executivo encargado de organizar o festival e a cerimonia de premios, e que se converteron no equivalente aos Premios Oscar para filmes de lingua chinesa xunto cos Hong Kong Film Award, Golden Rooster Awards e Hundred Flowers Awards. Tamén é un dos principais premios en Taiwón cos Golden Bell Awards para a produción televisiva e os Golden Melody Awards para a música.
O período de remisión de filmes é en xullo e agosto de cada ano e os nomeamentos coñécense en outubro, os gañadores son seleccionados por un xurado e os premiados reciben unha estatuíña dun cabalo dourado durante a cerimonia.
Desenvolvemento
A cerimonia de premios celébrase despois do festival que dura un mes no que se exhiben algúns dos filmes nomeados para os premios, a maioría dos filmes gañadores na historia dos premios foron producións de Hong Kong.
Poden participar filmes realizados en mandarín ou outra variedade chinesa e desde 1996 permítense aos filmes da República Popular da China participaren nos premios.
Véxase tamén
Ligazóns externas