Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Gong Li

Modelo:BiografíaGong Li

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh-hant) 鞏俐
(zh-hans) 巩俐 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1965 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Shenyang (República Popular da China) Editar o valor en Wikidata
Membro do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés
1998 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónCentral Academy of Drama (en) Traducir (1985–) Editar o valor en Wikidata
Altura1,6 m Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor en Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJean-Michel Jarre (2019–)
Ooi Hoe Seong (1996–2010), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaZhang Yimou Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Biographical Dictionary of Chinese Women: The Twentieth Century (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000084 Allocine: 5544 Rottentomatoes: celebrity/gong_li Allmovie: p42289 TCM: 516300 TV.com: people/li-gong
Instagram: officialgongli Musicbrainz: 97a27018-56ac-4e91-92be-06b7817aa4b4 Discogs: 3243340 Editar o valor en Wikidata

Gong Li (en chinés 鞏俐), nada en Shenyang (República Popular da China) o 31 de decembro de 1965, é unha actriz chinesa que desde 2008 ten a nacionalidade singapurense.[1] Obtivo o recoñecemento internacional polas súas colaboracións frecuentes co director chinés Zhang Yimou e gañou a Copa Volpi no Festival de Cine de Venecia na categoría de mellor actriz polo seu desempeño na película de 1992 Qiu Ju da guan si. É recoñecida como unha das celebridades responsables da popularidade do cine chinés en Europa e América do Norte.[2] En 2006 foi votada como a muller máis fermosa da China.[3][4]

Desde moi nova quixo ser actriz, e na escola destacou no canto e a danza, ata o punto de chegar a excluír outras materias. A pesar de ser suspendida nos exames en dúas ocasións foi aceptada na Escola Central de Arte Dramática de Pequín, onde se graduó. Era aínda estudante cando o director Zhang Yimou escolleuna en 1987 para o papel protagonista na súa primeira película como director, Hong gao liang, coa que obtivo o Oso de Ouro no Festival de Cine de Berlín.

Gong gañou numerosos premios polo seu desempeño como actriz; gañou o Premio do Círculo de Críticos de Cinema de Nova York na categoría de mellor actriz de repartición polo seu traballo no filme Adeus á miña concubina (1993) e o Premio do Consello Nacional de Crítica de Cinema na mesma categoría por Memorias dunha gueixa (2005). Gañou ademais dous premios Golden Rooster, un premio Hundred Flowers e un trofeo no Festival de Cannes. Ademais das mencionadas, Li apareceu noutras producións cinematográficas notables como Ju Dou (1990), Dà Hóng Dēnglóng Gāogāo Guà (1991), 2046 (2004), Miami Vice (2006) e Hannibal Rising (2007).

Li especialízase en personificar mulleres con personalidades contrapostas entre o ben e o mal.

Traxectoria

Gong Li naceu na cidade chinesa de Shenyang (Liaoning). Creceu en Jinan, a capital da provincia de Shandong. Desde moi nova quixo ser actriz, e na escola destacou no canto e a danza, ata o punto de chegar a excluír outras materias. Malia ser suspendida nos exames en dúas ocasións, foi aceptada na Escola Central de Arte Dramática de Pequín, onde se graduou.[5] Era aínda estudante cando Zhang Yimou a escolleu en 1987 para o papel protagonista na súa primeira película como director, Hong gao liang ("Sorgo vermello"), coa que obtivo o Oso de Ouro no Festival de Cine de Berlín.

Desde entón, Gong Li foi unha das actrices con máis éxito na historia da China, cunha fama que transcendeu as fronteiras do país asiático. O seu traballo foi recoñecido con premios como os do Festival Internacional de Cinema de Venecia e o do Círculo de Críticos de Cine de Nova York. Ademais de actuar, é unha cantante excepcional, como demostrou en Shanghai Triad. En xuño de 1998 obtivo a Orde das Artes e as Letras.

Seguiu protagonizando os filmes de Zhang Yimou ata mediados dos anos noventa. Ao longo da súa colaboración, xerouse un escándalo debido a que eran amantes, malia que Zhang estaba casado. Romperon en 1995, e Gong Li casou cun magnate do tabaco de Singapur chamado Ooi Hoe Soeng ao ano seguinte. A única aparición de Gong Li no cine de Hollywood limitábase á película Chinese Box (1997); con todo, na década do 2000 participou en máis producións estadounidenses como Memorias dunha gueixa en 2005, Miami Vice, en 2006 e Hannibal Rising en 2007. Volveu traballar con Zhang Yimou no 2006 con Mǎnchéng jìndài huángjīnjiǎ ("A maldición da flor dourada") e no 2014 con Guīlái ("Regreso á casa").

O 16 de outubro de 2000, Gong Li foi nomeada Embaixadora de Boa Vontade[6][7] da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO).

Filmografía

Ano Título original Título galego Papel Observacións
1987 Hong gao liang Avoa de My
1989 Xi tai hou Guilian
1989 Hoi sam gui miu ba
1989 Daihao Meizhoubao
1990 Qin yong
1990 Ju Dou Ju Dou
1991 Du xia II: Shang Hai tan du sheng Yu-San / Yu-Mong
1991 Dà Hóng Dēnglóng Gāogāo Guà Songlian
1992 Qiu Ju da guan si Qiu Ju
1992 Meng xing shi fen Ma Li
1993 Adeus á miña concubina Juxian
1993 Tang Bohu dian Qiuxiang Chen Heung
1994 Xin tian long ba bu zhi tian shan tong lao Mo Han-Wen
1994 Hua hun Pan Yuliang
1994 Huozhe Xu Jiazhen
1994 Xi chu bawang Lu Zhi
1995 Yao a yao yao dao waipo qiao Xiao Jingbao
1996 Feng yue Pang Ruyi
1997 Chinese Box Vivian
1998 Jing Ke ci Qin Wang Lady Zhao
2000 Piàoliang māma Sun Liying
2002 Zhou Yu de huo che Zhou Yu
2004 2046 Su Li-zhen
2004 Eros Miss Hua no episodio The Hand
2005 Memoirs of a Geisha Memorias dunha gueixa Hatsumomo
2006 Miami Vice Isabella
2006 Mǎnchéng Jìndài Huángjīnjiǎ Emperatriz Fénix
2007 Hannibal Rising Lady Murasaki
2010 Shanghai Anna Lan-Ting
2011 Wo Zhi Nu Ren Xin Li Yi-Long

Notas

  1. Kehr, Dave (16-07-2004). The New York Times, ed. "Torn Between a Dreamy Idealist and a Veterinarian". Consultado o 07-01-2008. 
  2. Kehr, Dave (16 de julio de 2004). "Torn Between a Dreamy Idealist and a Veterinarian". The New York Times. Consultado o 7 de xaneiro de 2008. 
  3. China Daily, ed. (23 de maio de 2006). "Gong Li voted China's Most Beautiful Person". Consultado o 17 de marzo de 2007. 
  4. Min, Shen (22 de maio de 2006). "Gong Li Voted China's Most Beautiful Star". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2007. Consultado o 17 de marzo de 2007. 
  5. "Gong Li". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 22 de febreiro de 2014. 
  6. Conoce a los Embajadores de Buena Voluntad "Gong Li" Arquivado 24 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)
  7. Gong Li dille aos fanáticos que se anoxen e se unan á loita contra a fame Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya