O Gran Premio de Hungría de 1987, foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 9 de agosto de 1987, no circuíto de Hungaroring. Foi a novena carreira da tempada de 1987.
Foi o terceiro Gran Premio de Hungría e o segundo desde o seu reinicio en 1986 no circuíto de Hungaroring. A carreira disputouse sobre 76 voltas ao circuíto de catro quilómetros para un distancia da carreira de 305 quilómetros.
A carreira foi gañada polo eventual campión mundial de 1987, o piloto brasileiro Nelson Piquet pilotando un Williams FW11B. Foi a segunda vitoria consecutiva de Piquet logo de gañar no Gran Premio de Alemaña. Foi unha vitoria de rebote, logo de que o Williams Nigel Mansell perdese a porca da roda dianteira dereita na volta 70. O piloto brasileiro Ayrton Senna terminou en segunda posición no seu Lotus 99T por diante do actual campión do mundo Alain Prost no seu McLaren MP4/3.
O piloto belga Thierry Boutsen (Benetton B187) perseguiu aos líderes durante toda a carreira para ser recompensado coa cuarta posición por diante do Brabham BT56 do italiano Riccardo Patrese. O último punto do campionato foi para o británico Derek Warwick no seu Arrows A10. Warwick enfermo de gripe e conxuntivite, afirmou que o punto nun circuíto tan esixente fisicamente foi un logro notable, dadas as circunstancias. Jonathan Palmer logrou os puntos do Jim Clark Trophy acabando sétimo no seu Tyrrell DG016 co seu compañeiro de equipo Philippe Streiff noveno detrás do segundo Arrows de Eddie Cheever. O piloto italiano Ivan Capelli foi décimo no March 871.
A vitoria permitiu a Piquet ampliar a vantaxe de puntos no campionato a sete sobre Senna e 18 sobre Mansell.
Clasificación
Posicións logo da carreira
- Clasificación no campionato de piloto
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Clasificación Trofeo Jim Clark
|
- Clasificación Trofeo Colin Chapman
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas