O Gran Premio de Qatar de Fórmula 1 de 2021 (oficialmente Formula 1 Ooredoo Qatar Grand Prix 2021) foi unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 21 de novembro de 2021 no Circuíto Internacional de Losail de Doha, Qatar. Esta foi a primeira edición do Gran Premio de Qatar que contou para o Campionato do Mundo de Fórmula 1 e a vixésima proba do Campionato de 2021.
Este primeiro Gran Premio de Qatar substitúe ao de Australia que ía celebrarse na mesma data.
O evento realizou tres sesións de prácticas, cada unha dunha hora de duración. As dúas primeiras sesións de práctica foron o venres 19 de novembro ás 13:30 e ás 17:00 hora local (UTC+03:00) respectivamente. A primeira sesión de adestramentos rematou con Max Verstappen máis rápido para Red Bull Racing, por diante do piloto de AlphaTauriPierre Gasly e do Mercedes do piloto Lewis Hamilton.[4] A segunda práctica rematou con Valtteri Bottas máis rápido, por diante de Gasly e Verstappen.[5] Na terceira sesión de adestramentos, celebrada o sábado as 14:00, Bottas volveu ser o máis rápido, co seu compañeiro Hamilton segundo.[6]
Cualificación
A cualificación tivo lugar ás 17:00 hora local e durou unha hora.[6]