Grupo 7 é un filme español de xénero policíaco, dirixida por Alberto Rodríguez Librero e estreada o 4 de abril de 2012. Está rodada integramente en Sevilla.
Sinopse
Para o Grupo 7 non existe a delgada liña que separa os recursos pouco éticos dos abertamente ilegais. O seu modus operandi: violencia, coaccións, mentiras, e medias verdades... todo vale.
Grupo 7 compóñeno: Ángel (Mario Casas), un novo aspirante a inspector, intelixente e compasivo, Rafael (Antonio de la Torre) un policía expeditivo, contundente e arrogante, Miguel (José Manuel Poga) e Mateo (Joaquín Núñez) que son os retranqueiros do Grupo e capaces das maiores brutalidades, pero tamén de inesperadas mostras de tenrura.
Entre Ángel e Rafael xurdirá unha estraña comprensión e terminarán parecéndose o un ao outro máis do que imaxinasen nunca. Ángel transita, cada vez con máis soltura, polo camiño da ambición e dos excesos policiais, mentres que algo no interior de Rafael transfórmase grazas ao amor inesperado da bela e enigmática Lucía.
O xogo de traizóns, lealdades e sentimentos complicarase a medida que o Grupo 7 acumula éxitos e condecoracións.
O seu obxectivo é limpar de droga as rúas de Sevilla nos anos previos á inauguración da Expo 92.
Personaxes
Premios e candidaturas
- XXVII edición dos Premios Goya
Véxase tamén
Ligazóns externas