Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Guangxi (en chinés: 广西; pinyin: Guǎngxī) oficialmente Rexión Autónoma de Guangxi Zhuang (en chinés: 广西壮族自治区), é unha provincia do sur da China limitando con Vietnam (concretamente coa rexión vietnamita de Tonkín). En 1958, converteuse en rexión autónoma, un territorio con privilexios especiais creados especificamente para os habitantes da rexión, do pobo zhuang.
A súa situación, nas áreas montañosas do sur da China, constituíu o límite da cultura e da civilización chinesas ó longo da historia.