Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Hórreo bergantiñán

Hórreo bergantiñán.

O hórreo bergantiñán é un tipo de hórreo galego que se dá nalgunhas partes da comarca de Bergantiños. A súa área de distribución é moi reducida e nela convive con outras tipoloxías propias de áreas limítrofes.[1]

Características

Morfoloxía

É un hórreo rectangular que chama a atención por ser o tipo máis ancho de entre os hórreos de madeira. A suspensión está formada por fortes cepas transversais de cachotería coroadas por rateiras. As cepas en reducidas ocasións vense substituídas por un celeiro. A cámara é continua exteriormente, salvo nos hórreos máis longos, nos que os costais están divididos en tramos.

O tellado é a dúas augas e ten un beiril pouco asomado. Normalmente non leva elementos terminais. A porta da cámara vai nun dos penais, pola pouca altura da suspensión non ten escaleira de fábrica e, cando a hai, non alcanza o nivel da cámara.

Construción

A cámara está soportada por unha grade de madeira constituída por fortes trabes que descansan sobre os tornarratos. Os panos de peche están formados por doelas verticais de madeira. Sobre a cámara, o tellado é de tella cerámica curva sobre taboado de madeira.

Notas

  1. Martínez Rodríguez, I. El hórreo gallego. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña, 1975. ISBN 84-85728-00-9.

Véxase tamén

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya