Hans von Boetticher, nado en San Petersburgo (Imperio Ruso) o 30 de agosto de 1886 (era un dos chamados alemáns do Báltico) e finado en Coburgo (Baviera) o 20 de xaneiro de 1958, foi un zoólogo alemán que traballou especialmente na ornitoloxía e na entomoloxía.
Traxectoria
Boetticher traballou no Museo de Historia Natural de Coburgo. Varios dos seus traballos tratan sobre a taxonomía de nivel superior dos grupos de aves baseada na morfoloxía, a filoxenia e a bioxeografía.
Algunhas das súas outras obras inclúen as que publicou sobre os pinnípedes, pero a súa especial área de interese incluía patos e gansos, musofáxidos, psitácidos, pombas e aves mariñas. Describiu os xéneros de patos suramericanos Amazonetta e Speculanas. Algúns dos outros taxons de aves que el chamou como Galapagornis xa non son válidos.[1]
Algunhas publicacións
Entre outras, escribiu unha serie de libros sobre as familias de aves, como:
- Gänse- und Entenvögel aus aller Welt (1952)
- Albatrosse und andere Sturmvögel (1955)
- Lärmvögel, Turakos und Pisangfresser (1955)
- Fasanen, Pfauen, Perlhühner und andere Zierhühner (1956)
- Pelikane, Kormorane und andere Ruderfüßler (1957)
Abreviatura
A abreviatura Boetticher emprégase para recoñecer a Hans von Boetticher como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
- ↑ Galapagornis Boetticher 1949, Beitr. Gattungssyst. Vogel. (Goecke & Evers) Krefeld 1949, 27. Aves.
Véxase tamén
Ligazons externas