Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Heduvixes I de Polonia

Modelo:BiografíaHeduvixes I de Polonia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pl) Jadwiga Andegaweńska Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1373 ↔ 18 de febreiro de 1374 Editar o valor en Wikidata
Buda (Reino de Hungría) Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xullo de 1399 Editar o valor en Wikidata (19/29 anos)
Cracovia (Reino de Polonia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecomplicación do parto Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Wawel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Raíña de Polonia
16 de outubro de 1384 (Gregoriano) – 17 de xullo de 1399 (Gregoriano)
← Lois I de HungríaLadislau II de Polonia →
Queen Consort of Poland (en) Traducir
1384 – 1399
Raíña Reinante
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónRaíña Reinante Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa17 de xullo Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Anjou-Sicilia Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLadislau II de Polonia (1386–) Editar o valor en Wikidata
FillosElizabeth Bonifacia of Poland Editar o valor en Wikidata
PaisLois I de Hungría Editar o valor en Wikidata  e Isabel da Bósnia Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaría I de Hungría
Catarina da Hungria Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1311153 Find a Grave: 31881595 Editar o valor en Wikidata

Heduvixes[1] I de Anjou-Hungría (en polaco: Jadwiga Andegaweńska, en húngaro: Hedvig, en alemán: Hedwig), nada o 18 de febreiro de 1374 e finada en Cracovia o 17 de xullo de 1399, foi a raíña[2] de Polonia (1382-1399) á morte do seu pai o rei Lois I de Hungría, que herdara tamén o trono de Polonia. Aínda que Heduvixes gobernou Polonia e a súa irmá máis vella, María I, reinou en Hungría,[3][4] ambas acabaron casadas con poderosos nobres que evitaron que reinasen de xeito independente. É venerada pola igrexa católica como Santa Heduvixes a Raíña, considerada como santa húngara e polaca. É a patroa das raíñas e da Europa Federal.

Traxectoria

Heduvixes pertenceu á Casa dos Anjou de Hungría. Naceu en 1374 no palacio real de Buda,[5] como unha das fillas do poderoso rei Lois I de Hungría e da súa segunda esposa, Isabel de Bosnia.[6][7] Ao nacer Heduvixes, Hungría achábase na súa época dourada medieval, onde o monarca gobernaba un imperio composto por case dez estados menores na Europa Central. As minas de ouro e prata húngaras abastecían en gran parte as nacións europeas, e as froitas e as verduras húngaras eran coñecidas nas cortes dos reinos occidentais. Deste xeito, cando morreu o rei Casimiro III de Polonia en 1370 e o fillo da súa irmá (Lois I de Hungría) herdou o reino, os dous estados, aínda que funcionaban independentemente, estaban gobernados polo mesmo monarca. Isto levou a certos problemas ao comezo, mais considerábase máis tráxico o drama que tiña que resolver Lois I: non contaba con fillos herdeiros varóns, así que fixo que as súas fillas fosen aceptadas pola nobreza como as súas sucesoras trala súa morte mediante o Privilexio de Koszyce o 17 de setembro de 1374.[8][9][10] Lois I faleceu en 1382, e de inmediato xurdiron conflitos sucesorios, onde as súas fillas foron coroadas como raíñas, mais non exerceron o poder independentemente.

Heduvixes fora comprometida en matrimonio co duque Guillerme de Austria, que nesa época era un mozo de catorce anos.[11] Con todo, a nobreza polaca non desexaba ver un Habsburgo no trono de Polonia xunto á raíña,[12][13] así que conseguiron a anulación do compromiso. Por outra banda, considerando moito máis conveniente, estes arranxaron que a raíña Heduvixes de dez anos de idade fose tomada como esposa polo pagán Jagiełło, duque de Lituania,[14] quen para casar tivo que se converter ao cristianismo, lográndose finalmente a conversión dos lituanos e a asimilación ao mundo "cristián civilizado" medieval. Automaticamente volveuse o soberano polaco co nome de Ladislau II de Polonia. Ladislau pasou a exercer o goberno, quedando a raíña en segundo plano. A pesar diso, foi unha fervente colaboradora do seu esposo.

O matrimonio non tivo descendencia, xa que a única filla do matrimonio, Elżbieta Bonifacja, morreu ás tres semanas de nacer, o 13 de xullo de 1399.[15] Heduvixes tamén estaba no sei leito de morte. Ela mesma aconsellou o seu marido que casase con Ana de Cilli, neta de Casimiro o Grande,[16] o que fixo, e faleceu o 17 de xullo de 1399, catro días despois da súa filla.[15][17] Ambas foron enterradas xuntas na catedral de Wawel o 24 de agosto de 1399,[15][17] como dicía a última vontade da raíña. O 12 de xullo de 1949 abriuse a tumba, máis non quedaba ningún resto da súa filla.[18]

Legado

A pesar de ser venerada en Europa durante séculos, non foi até 1979 cando o papa Xoán Paulo II rezou ante o seu sartego. Foi beatificada en 1986 e canonizada en Cracovia o 8 de xuño de 1997.[19] É a santa patroa das raíñas e da Europa Unida.

Notas

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-11. 
  2. Eduvixes foi coroada oficialmente como "Rei de Polonia" — Hedvig Rex Poloniæ, non como raíña. A lei polaca non tiña previsto unha raíña reinante, mais tampouco especificaba que o monarca tivese que ser un varón.
  3. Halecki 1991, p. 75.
  4. Engel 2001, p. 195.
  5. Halecki 1991, p. 56.
  6. Wolf 1993, p. xliii.
  7. Engel 2001, p. 169.
  8. Duczmal, Małgorzata (1996). Jagiellonowie. Cracovia: Wydawnictwo Literackie. p. 305. ISBN 83-08-02577-3. 
  9. Davies 2005, p. 90.
  10. Sedlar 1994, pp. 39–40.
  11. Halecki 1991, p. 58.
  12. Frost 2015, p. 17.
  13. Halecki 1991, pp. 116–117.
  14. Halecki 1991, p. 118.
  15. 15,0 15,1 15,2 Frost 2015, p. 91.
  16. Halecki 1991, pp. 264–265.
  17. 17,0 17,1 Halecki 1991, p. 257.
  18. Olbrycht and Kusiak, pp. 256–66.
  19. "St. Hedwig of Poland - Saints & Angels - Catholic Online" (en inglés). Catholic Online. Consultado o 18 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

Bibliografía

Kembali kehalaman sebelumnya