Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Henry Cole

Modelo:BiografíaHenry Cole

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1808 Editar o valor en Wikidata
Bath, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte18 de abril de 1882 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Brompton (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de museo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónChrist's Hospital (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Londres (1823–1882) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónemprendedor, escritor, deseñador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1823 Editar o valor en Wikidata - 1882 Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioFelix Summerly Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosMary Charlotte Cole Editar o valor en Wikidata
IrmánsCharles Augustus Cole Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Encyclopædia Britannica
The American Cyclopædia Editar o valor en Wikidata
Discogs: 1532625 WikiTree: Cole-17859 Find a Grave: 25506789 Editar o valor en Wikidata

Henry Cole, nado en Bath en 1808, finado en Londres en 1882, foi un deseñador inglés do século XIX. Foi un home polifacético que traballou en diversos oficios e que se considera o autor da primeira tarxeta de Nadal do mundo.

Foi un funcionario civil, que xunto a un grupo de seguidores, inicia no seu país no ano 1845 un movemento que pretende eliminar a brecha existente entre o industrial e o artista ou deseñador, e estimular así o gusto dos usuarios. En palabras do propio Cole, o obxectivo central era “demostrar a unión do mellor arte coa manufactura”, había que reformar a produción, e pensando que “unha alianza entre arte e fabricante promovería o gusto do público”.

Biografía

Henry Cole educouse en Christ's Hospital, en Londres. Comezou a súa carreira aos 15 na Public Record Office, onde era un asistente de mantemento.

De 1837 a 1840, traballou como asistente de Rowland Hill e xogou un papel importante na introdución do Penny Post. Tamén estivo darredor do primeiro selo, o Penny Black.

A primeira tarxeta de Nadal comercializada no mundo, en 1843.

En 1843, Cole creou a primeira tarxeta de Nadal comercial,[1] sendo John Callcott Horsley o autor do debuxo.

Logo pasou a editar o Journal of Design and Manufactures, primeira publicación sobre deseño na historia, que circulou de 1849 a 1852, onde se postulaba un deseño exento de ornamentación, funcional e útil. Probablemente a súa obra máis relevante no mundo do deseño de produto sexa un xogo de té de cor branca inspirado nas vaixelas gregas.

Foi un dos mentores da Exposición Universal de Londres en 1851, sendo un dos encargados de escoller o proxecto para a construción do recinto da exposición, escollendo O Crystal Palace, de Joseph Paxton.

Como Felix Summerly

Baixo o seudónimo de Felix Summerly deseñou as teteiras de Mintons. Como Felix Summerly tamén escribiu unha serie de libros infantís, como A book of stories from The home treasury; A hand-book for the architecture, sculpture, tombs, and decorations of Westminster Abbey (1859); An Alphabet of Quadrupeds (1844); e The most delectable history of Reynard the Fox (ilustrado por 24 debuxos en cor de Aldert van Everdingen) (1846).

Notas

  1. Earnshaw, Iris (November 2003). "The History of Christmas Cards". Inverloch Historical Society Inc. Consultado o 29 de xaneiro de 2010. (en inglés)
Kembali kehalaman sebelumnya