Henry de Lumley (2012) |
|
Nacemento | 14 de agosto de 1934 (90 anos) Marsella, Francia |
---|
|
Director of the Muséum National d'Histoire Naturelle (en) |
---|
1994 – 1999 ← Jacques Fabriès – Supresión do cargo → |
Catedrático |
---|
1980 – 1999 |
Director de investigación do CNRS |
---|
|
|
|
Educación | Facultade de Ciencias de París - doutoramento (–1965) Lycée Thiers (en) |
---|
|
Ocupación | arqueólogo, paleoantropólogo, prehistoriador, profesor universitario en Francia |
---|
Empregador | Museo Nacional de Historia Natural de Francia, catedrático, director (1980–1999) University of Provence - Aix-Marseille I (en) , catedrático (1980–1999) Centre national de la recherche scientifique (1955–1980) |
---|
Membro de | |
---|
|
Doutorando | Gilles Delluc (en) , Jean-Luc Voisin (en) , Patrick Auguste (en) , Jean-Jacques Bahain, Levy Figuti (en) , Armelle Gardeisen (en) , Véronique Michel (en) , Maria Fernanda Sanchez Goñi (pt) , Marie-Pierre Ledru (en) , Fernando Ramirez Rozzi (en) , Christian Perrenoud (en) , Éric Gonthier (en) , Emmanuel Desclaux (pt) , Véronique Pois (pt) , Alexandre Hassanin (pt) , Gilles Berillon (en) , Alain Beyneix (pt) , Florent Rivals (en) , Estelle Herrscher (en) , Bertrand Lecervoisier (en) , Martina Lázničková-Galetová (en) , Anna Echassoux (pt) , Hugues-Alexandre Blain (en) , Vincent Lebreton (en) , David Kaniewski (pt) , Pierre Voinchet (en) , Anne-Sophie Lartigot-Campin (en) e Simon Puaud (pt) |
---|
|
Cónxuxe | Marie-Antoinette de Lumley |
---|
|
|
Henry de Lumley (ou Henry de Lumley-Woodyear) é un historiador francés, especialista en Prehistoria nado en Marsella o 14 de agosto de 1934.
Biografía
Henry de Lumley é un persoeiro importante do estudo da Prehistoria en Francia e marcou os progresos desta ciencia nese país en particular grazas ás pescudas realizadas baixo a súa dirección en Terra Amata e na Cova de Lazaret (Alpes Marítimos), ao igual ca en Aragó onde descobre o home de Tautavel (Pireneos Orientais) en 1971. Tamén participou no estudo dos gravados rupestres protohistóricos do Val das Marabillas, nos Alpes.
Doutorado en Ciencias pola Universidade de París, entre 1955 e 1980 seguiu as súas pescudas en Marsella no seo do CNRS ata acadar o grao de director de investigación. Creou un equipo de investigación na Universidade da Provenza dedicado ao estudo da xeoloxía do Cuaternario e da Prehistoria e dos homínidos fósiles.
Foi nomeado profesor no Museo Nacional de Historia Natural de París en 1980, do que foi director entre 1994 e 1999 e do que agora é profesor emérito.
É director do laboratorio de prehistoria do Museo do Home e do Instituto de Paleontoloxía Humana de París. Entre 1994 e 1999 foi director do Museo Nacional de Historia Natural. Actualmente é membro do Institut de France (Academia Francesa das Ciencias).
Fundador da Asociación Mundial de Paleontoloxía Humana, afiliada á UNESCO, dirixiu máis de 200 escavacións arqueolóxicas e participou na construción de seis museos de prehistoria en Francia (Terra Amata, Tautavel, Eyzies de Tayac, Menton, Tende e Quinson). Segue en activo participando en proxectos de escavación internacionais na Asia Central, na China e en Etiopía. Un dos seus proxectos actuais é o estudo das ferramentas máis antigas da humanidade, de hai 2’7 millóns de anos, en Kada Gona (Etiopía) e na construción dun museo da evolución do home en Adís Abeba.
Publicacións
- Le Paléolithique inférieur et moyen du Midi méditerranéen dans son cadre géologique 1969.
- Une cabane acheuléenne dans la Grotte du Lazaret, 1969.
- Le Mont Bégo, 1992.
- Le grandiose et le sacré, 1995.
- L’Homme premier, 1998.
- Le sol d’occupation acheuléen de l’unité archéostratigraphique UA 25 de la grotte du Lazaret, 2004.