Herm (en guernésiais: Haerme) é a máis pequena das Illas da Canle que están abertas ao público. Forma parte da bailía[1] de Guernsey.
Os automóbiles están prohibidos nesta illa, do mesmo xeito que na súa veciña Sark; pero ao contrario desta, tamén se prohiben as bicicletas. Con todo, permítense os tractores para a poboación local. As praias de area branca son o paraíso dos camiñantes.
A illa de Jethou queda ao sur; dise que no ano 709 unha tormenta eliminou unha lingua de terra que conectaba a ambas as illas.
Notas
- ↑ "Bailía". academia.gal. Consultado o 20 de xaneiro de 2021.