Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Historia do azucre

A historia do cultivo da cana de azucre en Occidente está vencellado ao xurdimento das potencias económicas en Europa nos séculos XVI, XVII e XVIII.

A cana de azucre no Brasil

A cana de azucre foi levada ao Brasil polos portugueses, que lla vendían aos neerlandeses, e estes redistribuíana no norte da Europa facendo un lucrativo comercio. Coa morte do herdeiro do trono portugués en 1578 e o posterior anexamento de Portugal á España do 1580, os Países Baixos, inimigos de España, decidiu ocupar a rexión do Pernambuco, principal produtora de cana de azucre no Brasil (entón baixo dominio de España, despois da unificación das coroas portuguesa e española). Os neerlandeses pasaron a financiar a compra de máquinas para os enxeños de produción de azucre e para os produtores brasileiros, así mesmo tamén a vender directamente o azucre de Pernambuco no resto da Europa. Feito isto, aumentaron os seus lucros.

Despois de que Portugal recuperara a súa independencia, no 1640, decidiu retomar as súas antigas colonias que foran ocupadas polos neerlandeses. Conseguírono en 1654 cando retomaron Pernambuco. Os neerlandeses fuxiron para as Antillas, pero levaron plantas de cana de azucre para comezar o cultivo nos seus novos territorios. Con isto, a produción brasileira pasou a ter concorrentes, e perdeu a lucratividade que o monopolio comercial representara para Portugal no século XVI.

O cultivo de cana de azucre no Brasil volveu a ter grande importancia no século XX, coa implantación en longa escala dun programa para utilizar o alcol como substituto da gasolina en motores de automóbiles. Na actualidade máis da metade dos automóbiles brasileiros funcionan con motores adaptados a un carburante que leva etanol (obtido da cana de azucre) até un 95 % e un 5 % de derivados do petróleo.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Kembali kehalaman sebelumnya