Hoje Eu Quero Voltar Sozinho é un filme brasileiro de 2014 dirixido, escrito e co-producido por Daniel Ribeiro. Baséase na curtametraxe de 2010 Eu Não Quero Voltar Sozinho. Está protagonizado por Ghilherme Lobo, Fabio Audi e Tess Amorim, que retoman os mesmos papeis que interpretaron na curtametraxe.
O filme gañou dous premios na 64ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín; o premio FIPRESCI ó mellor filme na sección Panorama e o Premio Teddy ó mellor filme de temática LGBT. Foi escollido como candidato do Brasil ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3][4]
Sinopse
A historia xira arredor de Leonardo, un estudante cego de ensino medio que está a loitar pola súa independencia.
Personaxes
- Ghilherme Lobo como Leonardo
- Fábio Audi como Gabriel
- Tess Amorim como Giovana
- Eucir de Souza como Carlos
- Isabela Guasco como Karina
- Selma Egrei como Maria
- Júlio Machado como Profesor
- Naruna Costa como Profesora
- Lúcia Romano como Laura
- Victor Filgueiras como Guilherme
- Pablo Carvalho como Fabio
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas