Os homes de Cromañón[Cómpre referencia] ou humanos modernos máis antigos de Europa foron as primeiras poboaciónseuropeas de Homo sapiens que se desenvolveron hai aproximadamente hai uns 50 000 anos, e que poderían descender de individuos que migraron dende África hai uns 100 000 anos. Eran anatomicamente modernos e a súa morfoloxía non se diferenciaba da humanidade actual.
O termo "home de Cromañón" inicialmente se utilizaba para describir os humanos modernos máis antigos de Europa. Na década de 1970, o termo utilizouse para calquera humano moderno temperán, independentemente de onde se atopase. O termo "cromañón" mantense en uso, pero dende finais da década de 1990 xeralmente se limita aos primeiros humanos europeos modernos.[1]
Expansión estimada dos cromañóns en Europa (37500 aC)[2]
35000 aC
32000 aC
30000 aC
Notas
↑Fagan, B.M. (1996). The Oxford Companion to Archaeology(en inglés). Oxford: Oxford University Press. p. 864. ISBN978-0-19-507618-9.