Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Hotel Chevalier

Hotel Chevalier
Ficha técnica
Título orixinalHotel Chevalier
DirectorWes Anderson
GuiónWes Anderson
IntérpretesJason Schwartzman
Natalie Portman
MúsicaPascal Rogé
FotografíaRobert Yeoman
MontaxeVincent Marchand
DistribuidoraFox Searchlight Pictures/Twentieth Century-Fox Film Corporation
Estrea2 de setembro de 2007
(Festival de Venecia)
Duración13 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Francia[1]
Na rede
http://www.foxsearchlight.com/thedarjeelinglimited
IMDB: tt1094249 Filmaffinity: 937543 Allocine: 130666 Rottentomatoes: m/hotel-chevalier Allmovie: v419248 Editar o valor en Wikidata

Hotel Chevalier é unha curtametraxe de 13 minutos de duración, escrita e dirixida por Wes Anderson que foi estreada en 2007 e funciona como prólogo do filme tamén de 2007 The Darjeeling Limited, do propio Anderson. Os seus actores, Jason Schwartzman e Natalie Portman, interpretan a unha pasada parella de namorados que se reúnen nunha habitación de hotel parisiense. Filmouse nun verdadeiro hotel de París por un pequeno equipo e foi autofinanciada por Anderson, quen preveu inicialmente facer unha obra independente. A súa estrea produciuse canda a longametraxe que acompaña, no Festival Internacional de Cine de Venecia o 2 de setembro de 2007, e fixo a súa estrea autónoma máis adiante nese mes nas Apple Store de catro cidades estadounidenses. O día despois da súa première, ofreceuse de balde na iTunes Store durante un mes, no que foi descargada máis de 500.000 veces. A curta acadou un amplo recoñecemento por parte da crítica que a comparou favorablemente con The Darjeeling Limited e gabou a súa riqueza e coidada preparación, algo que constitúe o selo de identidade do director texano.

Notas

  1. "HOTEL CHEVALIER (2005)". Film & TV Database. London: British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2011. Consultado o 17 de abril de 2012. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya