A illa Medni (en ruso о́стров Ме́дный óstrov Médny, literalmente: "illa do Cobre") é a máis pequena das dúas principais illas do Comandante (despois da illa de Bering) situadas no norte do océano Pacífico, ao leste de Kamchatka. (As outras quince descríbense mellor como illotes ou rochas).
A illa ten unha lonxitude de 56 km e unha anchura de entre os 5 e os7 km.
A súa superficie é de 186 km2.
A súa maior altitude é de 640 m.
A súa temperatura media anual é de +2.8 °C.
A uns 100 m do extremo noroeste das illas atópanse as rochas Bobrovyie (en ruso Бобровые камни, litralmente: "rochas do Castor"), dous illotes conectados por un istmo, cunha lonxitude total entre ambos os dous de 1 km.
Historia
A illa foi avistada o 5 de novembro de 1741 por Vitus Bering e a súa tripulación cando regresaba da expedición durante a cal Bering atopou América desde o oeste, pero non aterrou na illa.[1]
O oficial e historiador naval ruso Vasili Berch cría que Iemelian Básov chegara a esta illa en 1745, durante a súa segunda das catro expedicións ás illas do Comandantes entre 1743 e 1749, e que a maioría das peles que trouxo de volta a Kamchatka en 1745 foran cazadas nesta illa.[2]
A finais do século XIX, o asentamento de Preobrazhenskoye foi establecido polos aleutianos que se trasladaron alí desde a illa de Attu.
En 1970, todos os cidadáns da illa foron trasladados á veciña illa de Bering. Até o ano 2001 a illa estivo ocupada como posto fronteirizo. Desde entón, a illa está completamente deshabitada.
Ecoloxía
Anualmente realízanse estudos científicos sobre a súa fauna e a súa flora.
A illa Medni é o fogar de moitos eóns mariños Steller. Alí naceron 340 crías en 1999. e 153 en 2016.[3]
Notas
↑"Diario de Georg Wilhelm Steller", en Frank A. Golder: Bering’s voyages, Vol. 2, p. 129–133. American Geographical Society. Research series, New York, 1925.
↑Vasiliĭ Nikolayevich Berch: '"A Chronological History of the Discovery of the Aleutian Islands or The Exploits of Russian Merchants With a Supplement of Historical Data on the Fur Trade", Materials for the Study of Alaska History, Nº 5. Kingston, Ontario: The Limestone Press.