As illas Anzhu (en ruso, острова Анжу) son un grupo de illas localizadas no Ártico Siberiano, un subgrupo do arquipélago das illas de Nova Siberia. Este grupo de illas é un territorio practicamente deshabitado.
As illas están situadas entre o mar de Laptev e o mar de Siberia Oriental, na zona ártica de Rusia. A superficie total das illas é de aproximadamente uns 29.000 km².
As principais illas do grupo de Anzhu son (de oeste a leste):
Illa Kotelni (Котельный), o conxunto formado polas illas Kotelny, Terra Bunge e Faddeyevsky, que con 23.165 km².
As illas Anzhu levan o seu nome en honra do oficial naval e explorador ruso Pyotr Anzhu, que no transcurso dunha expedición ás costas siberianas dirixida por Ferdinand von Wrangel (1820-24) realizou o primeiro mapa das illas.