Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Illas Fénix

Modelo:Xeografía físicaIllas Fénix
(en) Phoenix Islands Editar o valor en Wikidata
Tipoarquipélago
grupo de illas de Kiribati Editar o valor en Wikidata
EpónimoPhoenix Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaKiribati Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 3°40′S 172°20′O / -3.67, -172.33
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie27,92 km² Editar o valor en Wikidata

As Illas Fénix, Illas Phoenix ou Illas Rawaki son un conxunto de atois pouco poboados situados no océano Pacífico, ao leste das Illas Gilbert, ao oeste das Illas da Liña e ao norte de Samoa. A finais da década de 1930, foi o sitio do último intento de expansión colonial do Imperio Británico. Este plan de colonización denominouse Proxecto de Colonización das Illas Fénix. Este arquipélago forma parte do estado de Kiribati desde 1983, cando foi cedido formalmente por Estados Unidos, ao ratificar o tratado asinado en 1979. Poboación (1990), 45 habitantes.

O grupo de atois pertence á República de Kiribati e está oficialmente deshabitado, excepto por unhas poucas familias en Kanton. O conxunto de illas é oficialmente denominado por Kiribati como Illas Rawaki.

As illas recibiron o nome do buque baleeiro Phoenix, de Nantucket, Massachusetts, o cal estaba activo na área; e tamén descubriu o arrecife Winslow.

Illas Fénix
Atol/Illa/Arrecife Área da Illa

km

Lagoa

km

Coordenadas

Illas Fénix (Kiribati)

Abariringa (Illa Canton) 9.0 50 02°50′S 171°43′O / -2.833, -171.717
Illa Enderbury 5.1 0.6* 03°08′S 171°05′O / -3.133, -171.083
Illa Birnie 0.2 0.02* 03°35′S 171°31′O / -3.583, -171.517
Illa McKean 0.4 0.2* 03°36′S 174°08′O / -3.600, -174.133
Rawaki (Illa Fénix) 0.5 0.5 03°43′S 170°43′O / -3.717, -170.717
Manra (Illa Sydney) 4.4 2.2* 04°27′S 171°15′O / -4.450, -171.250
Atol Orona (illa Hull) 3.9 30 04°30′S 172°10′O / -4.500, -172.167
Nikumaroro (Illa Gardner) 4.1 4 04°40′S 174°31′O / -4.667, -174.517
Illas Fénix (Kiribati) 27.6 84.5

Arrecifes de coral mergullados

Arrecife Winslow - 1 01°36′S 174°57′O / -1.600, -174.950
Arrecife Carondelet - ? 05°34′S 173°51′O / -5.567, -173.850

Territorios dos EUA no norte

Illa Baker 1.6 - 00°13′N 176°28′O / 0.217, -176.467
Illa Howland 1.8 - 00°48′N 176°38′O / 0.800, -176.633
  • As áreas da lagoa marcadas cun asterisco están comprendidas dentro das áreas da illa da columna anterior, porque son diferentes dun atol típico, as augas interiores seláronse completamente do mar.

As illas e os seus arredores son o fogar de case 120 especies de coral e máis de 500 especies de peixes. Kiribati anunciou os plans de construír un parque mariño xigante nesta zona.

Kembali kehalaman sebelumnya