Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Institución

Unha institución, termo derivado etimoloxicamente do latín institutio ("educación"), é un establecemento ou organismo que realiza un labor social de tipo educativo e cultural, como os institutos de ensino ou investigación, ou ben os museos. Palabras como instrución, instrutor ou institutriz pertencen ao campo semántico de institución.

Así mesmo, a palabra institución fai referencia ao mecanismo de orde social e cooperación que procura gobernar o comportamento dun grupo de individuos, xa sexa reducido ou unha sociedade completa. As institucións no devandito sentido transcenden as vontades individuais ao identificárense coa imposición forzosa dun propósito considerado como un ben social. O seu mecanismo de funcionamento varía amplamente en cada caso. É de salientar a elaboración de numerosas regras intrínsecas a cada institución, que polo xeral son inflexíbeis.

Kembali kehalaman sebelumnya