Ioannina, Ioánnina, Iánina ou Ianina (en grego: Ιωάννινα) é unha cidade grega no noroeste de Grecia, no distrito de Ipiros.
Xeografía física e humana
Orografía
Arredor de Ioannina hai moitas montañas altas. Ao lado da cidade está a montaña Mitsikeli. No leste de Ioannina atópase a serra de Pindos. Ioannina está construída na beira do lago Pamvotida.
Lago de Ioannina
Ioannina está construída xunto a un lago chamado Pamvotida, ou tamén lago de Ioannina.
Porto do lago
O lago ten un pequeno porto que conecta Ioannina coa illa do lago.
Illa do lago
A illa do lago é unha pequena illa con monumentos e edificios importantes, construídos durante o período otomán e o período bizantino.
Administración
Ioannina é a capital da prefectura de Ioannina e da periferia de Ipiros.
Demografía
En Ioannina viven 67.384 persoas. O custe da vida é algo superior ao da media do sur de Europa.[1][2]
Sitios de interese
Ioannina ten moitos lugares de interese, como o castelo onda o lago, as igrexas antigas e as construcións na illa do lago.