Ir Indo Edicións é unha editorial viguesa, en galego , castelán , inglés e francés , fundada en 1985 por Bieito Ledo Cabido .[ 2]
Descrición
O nome débese á idea que lle deu a Ledo o carpinteiro da súa aldea de Padroso , cando lle dixo: O caso é ir indo .[ 3]
Ten máis de cincocentos títulos,[ 1] dentro das coleccións Dicionarios, Galegos na Historia, Narrativa, O Parrulo, Elefante Contacontos, Recursos, Festas na escola, A fraga, Raigame, Letras Hispanas, Clásicos, Cidades-vilas, Guías, Arquivo da Imaxe, Manuais, Nabarquela e Memorias.
Entre os autores editados por Ir Indo están Álvaro Cunqueiro , Francisco Fernández del Riego , Alfredo Conde , Xosé Mª. Álvarez Blázquez , Darío Xohán Cabana , Xosé A. Perozo , Marilar Aleixandre , Tucho Calvo , Moncho Borrajo , Roald Dahl , Robert Musil , Joseph Conrad , Edgar Allan Poe , Lovecraft , Tolstoi , Castelao , Antón Fraguas , Rafael Dieste , Eugenio Granell , Camilo José Cela , Méndez Ferrín , Filgueira Valverde , Torrente Ballester , Rudyard Kipling , F. Scott Fitzgerald e Xulio Verne .
DEGU , feito por Ir Indo para La Voz de Galicia .
Obras de consulta
Editou entre 1999 e 2006 a Enciclopedia Galega Universal Ir Indo , de dezaseis volumes,[ 4] que tivo versión en liña en Internet .[ 5] No ano 2003, por encarga de La Voz de Galicia , editou o Diccionario Enciclopédico Galego Universal (DEGU) de sesenta tomos.
Outras obras de consulta destacadas da editorial son o Dicionario biográfico de Galicia (2010-2011, tres tomos), o Dicionario de Galego Ir Indo [ 6] ou o Diccionario dos nomes galegos de Xesús Ferro Ruibal et alii .
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas