Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Irrelixión

Irrelixiosos polo Instituto Dentsu (2006) e Zuckerman (2005).
No ano 2005, a irrelixión era a cuarta "crenza" do mundo, co 11,92% da poboación global (no gráfico é o segmento de cor laranxa).

Irrelixión[1] é a ausencia, indiferenza, rexeitamento ou hostilidade cara a relixión.[2][3] Algúns segmentos poden posicionarse contrarios e, eventualmente, inclusive ser hostís ás relixións, como pode ser o caso do anticlericalismo, do antiteísmo e da antirrelixión. Cando é definida como indiferenza á relixión, inclúe o apateísmo. A irrelixión tamén consiste parcialmente no rexeitamento da crenza relixiosa, onde se insire o ateísmo e o humanismo secular. Cando é definida como a ausencia de crenza relixiosa, pode incluír algunhas persoas que serían incluídas no agnosticismo, ignosticismo, non teísmo, deísmo, pandeísmo, escepticismo relixioso, pensamento libre e a non-crenza. A irrelixión pode até incluír formas de teísmo dependendo do contexto relixioso, como na Europa do século XVIII, onde o epítome da irrelixión foi o deísmo.[4]

Algunhas evidencias suxiren que o status relixioso que máis medra nos Estados Unidos é o status denominado "sen relixión".[5]

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para irrelixión.
  2. "Irreligion as presented in 26 reference works". 
  3. Compact Oxford Dictionary (ed.). Definition including hostility and indifference. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 23 de xaneiro de 2018. 
  4. Campbell, Colin. 1971. Towards a Sociology of Irreligion. Londres: McMillan p. 31.
  5. American Nones: The Profile of the No Religion Population Arquivado 07 de outubro de 2009 en Wayback Machine. A Report Based on the American Religious Identification Survey 2008

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Kembali kehalaman sebelumnya