Isabel María Blanco Franco, nada en Vigo o 10 de marzo de 1962, é unha avogada e escritora galega, máis coñecida como Isabel Blanco ou Isabel Blanco-Rivas (en honor ao seu avó).
Traxectoria
Estudou dereito na Universidade de Granada e exerceu en Vigo desde 1989 como avogada especializada en Dereito Matrimonial e de Familia, en violencia de xénero e menores.[1]
Exerceu a docencia na Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados de Vigo e colaborou coa Casa da Muller de Vigo e os centros de Información da Muller de Mos e Ponteareas.[2]. No eido da avogacía participou en: Curso de Victimoloxía da Universidade de Educación a Distancia (1996), Curso Xurídico sobre Aspectos do Código Penal do Instituto de la Mujer (1997), Curso “ A Administración Local na Unión Europea. A Unión Europea e as Entidades Locais “ do Concello de Vigo (1997), Curso sobre “ Dirección e Animación de Equipos de Traballo” na Escola Galega de Administración Pública (1998), Curso de Extranxería do Colexio de Avogados de Vigo (2016).
Súa foi a idea, creación e textos da mostra Rompe, xoga en igualdade (2018)[3]. Con Irene Silva creou a exposición de poesía visual Amores que matan non son amores (2018).[4] O director de coros vasco Javier Busto compuxo música para tres poemas seus: "Vestida de frores" (Vebas Cum), "Poesía del deseo" (inédito), "Gosto dos bicos" (inédito).
Escribiu o guión da curtametraxe Manuela Romasanta de Roberto Oliveira.[5]
Los mundos ajenos (2014). Belagua Ediciones. ISBN 978-8494175114.[7][8] No libro explora os sentimentos, emocións e vivencias de persoas con diferentes discapacidades.[9]
La muerte de Marilyn y otros relatos (2019). Belagua Ed. 102 páxs. ISBN 9788494951763.
En galego
Verbas cum (2014). Belagua Ediciones. ISBN 978-8494175138. "Estes poemas de amor que son como as augas dos regatos, repousadas nalgúns intres, e rápidas e burbullantes cando o seu curso se fai pronunciado, lense, escóitanse e tamén poden verse"[10][11]
As receitas de Rosaura (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-4-0. É o primeiro libro da colección: "Este que tes nas túas mans / é o Libro de Receitas / que a cociñeira Rosaura / escribiu para que as aprendas. / Só tes que ir pasando as páginas / unha a unha e pouco a pouco, / parándote a ler nelas / con olmos grandes de moucho".[14] Tamén o primeiro libro infantil de receitas en galego.[15]
Rosaura e o mar (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-5-7.[16] Son versos de homenaxe a Rosaura e ás traballadoras do mar.[17]
Rosaura, cesteira de Mondaríz (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-8494695988. Para coñecer o tradicional oficio dos cesteiros.[18]
Galegas nas artes (2022). Belagua Ed. Ilustracións de María Lapido. 52 páxs. ISBN 978-84-124434-6-2. 21 mulleres galegas do mundo das artes plásticas e visuais.
Premios
1º premio no Concurso literario de Relatos Curtos Dunas, de Nigrán ( 2010).
1º premio no Certame de narrativa breve “Carolina Planells” de Paiporta (Valencia) ( 2011).
1º premio no II Concurso de Relato Corto «Mujer, Discapacidad y Empleo», convocado por la Secretaría de Política Social de CC OO de Almería.(2012).
Finalista Poetry Slam 2016 Vigo
Premio Certame de Poesía Xogos Florais 2017 Concello de Ponteareas.
2º Premio Certame de Poesia Pazo da Saleta. Novembro 2017
2ª Premio Certame de Microrelatos Ozoco 2018
3ª Mellor libro de literaruta infantil 2017 “ As Receitas de Rosaura “ premios Fervenzas Literarias.
7ª Mellor libro de literatura infantil 2018 " Rosura e o mar" premios Fervenzas Literarias.[19]