Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Ivan Tarba

Modelo:BiografíaIvan Tarba

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1921 Editar o valor en Wikidata
Beslakhuba, Xeorxia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xaneiro de 1994 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Sukhumi, Xeorxia Editar o valor en Wikidata
EducaciónAbkhazian State University (en) Traducir (–1947) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, poeta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1937 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética (1940–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía e Prosa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEteri Kogoniya Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:25, sec:Та́рба Иван Константинович, p.275)
Belarusian encyclopedia (vol. 15) (en) Traducir, (sec:Та́рба Іван Канстанцінавіч, p.439)
Shevchenko Encyclopedia (en) Traducir, (vol:6, sec:Та́рба Іван, p.36) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1723345

Ivan Konstantinovich Tarba, nado o 21 de marzo de 1921 en Baslax,  e finado o 29 de xaneiro de 1994 en Sukhumi, foi un xornalista, escritor e político abkhazo.

Traxectoria

Naceu nunha aldea do distrito de Ochamchira, durante a invasión do Exército Vermello en Xeorxia, dez días antes de formarse a República Socialista Soviética de Abkhazia. Na década de 1930 comezou a traballar como xornalista, na edición local do xornal rexional "Bolshevistskii Put", e máis tarde nas oficinas rexionais dos xornais "Apsnә Qaps" e "Sovetskaya Abkhaziya".

En 1940[1] uniuse ao partido Comunista e traballou como profesor de abkhazo. En 1947 formouse no Instituto Pedagóxico de Sukhumi. Dende 1958 foi presidente da sección abkhaza da Unión de Escritores Soviéticos. Entre outros cargos foi ministro de educación da República Socialista Soviética Autónoma de Abkhazia, secretario rexional do Partido Comunista de Abkhazia,  deputado do Sóviet Supremo da URSS e do Consello Supremo da RSSA de Abzhazia[2]. O seu primeiro poema publicouno en 1937[3] e escribiu varias coleccións de poesía e novelas. Os temas principais da súa poesía é a beleza da terra natal, a amizade entre os pobos, o traballo do pobo soviético e a resolución de problemas morais. A súa obra traduciuse ao ruso e a outras linguas da Unión Soviética.

Obra

  • Ицәажәоит агу: Ажәеинраалақәа 1954 (poesía)
  •  Абзиаразы еиниаша: Ажәеинраалақәеи  1955 (poesía)
  • Бзиа избоит амҩа, 1955 (poesía)
  • Ашәахсҭа. 1957, (poesía)
  • Aaҧınra ağu, 1958 (poesía)
  • Бзыҧтәи аповест, 1961 (novela curta)
  • Идыру ахьз, 1963 (novela)
  • Ақуҧшреи агуҭыхеи, 1964 (poesía)
  • Ашәа аҧҵара мариам, 1968 (teatro)
  • Иалкаау иьымтакуа. T 1-3, Akya, 1971-73;(novela; triloxía)

Notas

  1. "Тарба Иван Константинович" Большая советская энциклопедия Советская энциклопедия. 1969—1978.
  2. Глаза мой матери. (Перевод с абхазского В. Рослякова.) // Роман-газета, № 3(985), 1984 г.
  3. Roman-Gazeta nº 3 1984.
Kembali kehalaman sebelumnya