Jūrmala [juːrmala] (axuda·info), significa litoral ou praia, é unha cidade autónoma de Letonia situada a 25 Km ao NE da capital do país, Riga. Forma unha faixa costeira de 32 Km de longo e 3 Km de ancho situada entre o Golfo de Riga e o río Lielupe.
As praias de Jūrmala son famosas pola súa area de cuarzo branco e o ámbar.
A cidade é unha das dúas residencias do presidente da República de Letonia, a casa-museo de John Rainis e a súa esposa, a poetisa Aspasia.
Na sala de concertos "Dzintari" anualmente celébrase o Music Festival KVN e a competición internacional de mozos cantantes New Wave, o festival Jurmalina habla Anshlag e outros concertos e festivais.
Os visitantes poden acceder a Jūrmala dende Riga en tren de proximidades (30 min) ou por estrada en coche (20 min). Dende 2008 Jūrmala e o aeroporto de Riga están conectados cun servizo de autobús. Os visitantes con vehículos privados deben pagar 1 LVL por cada día que pasen en Jūrmala.
Historia
Na época do bispo Albrecht (1165-1229) a península de Jūrmala estaba cuberta por fragas. O Duque Jacob tiña os seus propios plans para Lielupe, quería construír un canal que conectase co mar en Lielupe Sloka, para facilitar o desprazamento en buques na capital Mitau. O proxecto quedou sen concretarse.
O primeiro lugar para o baño organizouse en Dubulti. Outra parte antiga de Jürmala é Sloka, recibiu o status de colonia en 1785, e de cidade en 1878. Sloka creceu pola fábrica de papel que funcionou dende 1896 a 1990.
A zona que agora comprende a cidade de Jūrmala era antes parte de Riga, era coñecida como Rīgas-Jūrmala. Algunhas partes da zona, como Sloka e Kemeri, coñécense como balnearios dende hai séculos. Jūrmala en alemán era chamada Riga-Strand, a "Praia de Riga".
Jūrmala tiña sona como destino de spa dende finais do século XVIII. Os terratenentes ricos comezaron a tradición de relax na praia, e os oficiais do exército ruso ían descansar alí despois das guerras napoleónicas, regresando máis tarde cas súas familias. O máximo desenvolvemento da zona de Jūrmala foi coa apertura da liña de ferrocarril Riga-Tukums en 1877 (aínda pasa por Jūrmala) o que deu un grande impulso ao número de visitantes, e polo tanto un impulso ao desenvolvemento da cidade coma un complexo turístico. Jūrmala tamén gañou unha reputación como sanatorio. A brisa mariña, o arrecende dos pinos, as fontes de auga mineral, e a praia de arena axudou a crear sanatorios na cidade.
Na época soviética, durante a ocupación de Letonia despois da segunda guerra mundial, Jūrmala era un destino popular entre os funcionarios do partido comunista debido a súa proximidade a Moscova das súas praias, sanatorios e ao bo clima no verán. As vacacións pagadas eran recompensas para membros dos sindicatos máis importantes. Converteuse nun dos destinos turísticos máis populares de toda a Unión Soviética. Os balnearios ofrecían instalacións de baños de barro, terapia a cabalo e sendeirismo polos bosques. En verano había moitos concertos.
Jūrmala pasou a ser oficialmente cidade en 1959. A liña ferroviaria electrificouse e na actualidade hai servizo de tren regular a Riga.
Mentres Riga vai avanzando rapidamente para atraer a un número crecente de turistas occidentais, Jūrmala quedou atrás, descoñecida. Os rusos están agora suxeitos a estritos requisitos de visado. Importantes grupos turísticos europeos teñen unha dura tarefa que facer na súa promoción. Durante os últimos anos Jūrmala comezou a recuperarse. Moitas celebridades rusas, homes de negocios de éxito decidíronse pola compra de casas preto da praia como segunda residencia e lugar de vacacións no verán, fanse festivais e outras actividades para atraer a máis e máis xente á cidade cada verán. Jūrmala case acadou a popularidade que tiña coa elite soviética.
Praia
Os 32 Km da costa son praias de areas finas e brancas composta de cuarzo. Durante as tormentas á costa chegan anacos de ámbar e moitas cunchas. A finais de xaneiro e principios de febreiro, o Golfo de Riga polo xeral conxélase, na praia a miúdo fórmanse grandes montañas glaciais que atraen a gran cantidade de espectadores.
A profundidade media no Golfo é de 26 m, o punto máis fondo é de 60 m. Ao longo da costa, a auga é pouco profunda. O fondo está cuberto na maior parte de area. O vento forte do oeste, trae á costa auga quente, así como ondas de ata 5 metros. A salinidade na baía é inferior á metade do Mar Báltico. As dunas costeiras separan a praia do cinto forestal que vai paralelo á costa, ata unha elevación de 17 m.
Demografía
A 1 de xaneiro de 2011, a poboación da cidade era de 56.060 persoas.