JDA Dijon Basket
|
|
Información xeral
|
Nome
|
Jeanne d'Arc Dijon Basket
|
Liga
|
Pro A / BCL
|
Alcume
|
La Jeanne
|
Fundación
|
1880
|
Cores
|
Negro, branco
|
Presidente
|
Thiery Degorce
|
Adestrador
|
Nenad Marković
|
Localización
|
Cidade
|
Dijon, Francia
|
Pavillón
|
Jean-Michel-Geoffroy
|
Capacidade
|
4 628
|
Inauguración
|
21 de xaneiro de 1977
|
Campionatos
|
Copa
|
2 (1993, 2006)
|
jdadijon.com
|
O Jeanne d'Arc Dijon Basket, máis coñecido como JDA Dijon, é un equipo profesional de baloncesto de Francia da cidade de Dijon (Borgoña-Franco Condado). O equipo disputa os seus partidos como local no Palais des sports Jean-Michel Geoffroy de Dijon, recinto con capacidade para 4.628 espectadores. Entre os seus maiores logros está a consecución de dous títulos de Copa, obtidos en 1993 e 2006. Actualmente compite na Ligue Nationale de Basketball Pro A, a máxima categoría do baloncesto francés.
Historia
A club Jeanne d’Arc (Xoana de Arco) foi fundado en xaneiro de 1880 en polo abade Bizouard na Rúa St. Philibert (hoxe Rúa Condorcet). Dado o éxito do número de socios inscritos, trasladouse ao distrito de Plaine des Roses Rúa Lacodaire. Entre as principais actividades ás que se adicaba o club estaban a ximnasia, o canto coral, o teatro ou o fútbol. Ao longo do tempo o club estivo apiques de desaparecer en varias ocasións. Durante a primeira guerra mundial (1914−18) o Jeanne d’Arc tiña máis de 450 membros, dos cales 57 faleceron durante a guerra. Posteriormente o club prospera e créanse novas seccións como o tenis de mesa, esgrima, e baloncesto. Durante a segunda guerra mundial o club volveu a estar en perigo, con moitos falecidos entre os seus membros. Tras recuperarse de novo, en 1966 o club volve a sufrir graves problemas debido a problemas coa propiedade das súas instalación. Debido a isto, o club volveuse trasladar, esta vez ao Boulevard de l'Ouest, onde en 1972 se acabou de construír o pavillón de baloncesto Henri Boisselot. Posteriormente a esa época o Jeanne d'Arc limita as súas actividades ao baloncesto. Entre os seus títulos destacan as dúas Copas de Francia (1993 e 2006) e un Match des Champions (2006).
Ano a ano
Xogadores
Destacados
Títulos
Copa de Francia
- Campións (2): 1993, 2006
- Subampións (1): 2021
Match des champions
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas