Jabari Ali Parker, nado o 23 de febreiro de 1995 en Chicago, Illinois, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no FC Barcelona da Liga ACB.
Traxectoria profesional
O 26 de xuño de 2014, Parker foi seleccionado na 2ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Milwaukee Bucks.[1] O 9 de xullo de 2014, Parker asinou o seu contrato cos Bucks e uniuse ó equipo para a Liga de Verán da NBA de 2014. O 29 de outubro de 2014, fixo o seu debut na NBA no primeiro partido da tempada para os Bucks, contra os Charlotte Hornets. Xogou 37 minutos comezando de titular, e fixo 8 puntos, 4 rebotes, 1 asistencia e 1 roubo de balón na derrota de Milwaukee por 106-108 na prórroga.[2] Parker foi elixido coma o mellor rookie de outubro/novembro da Conferencia Leste.[3] O 15 de decembro de 2014, Parker sufriu unha lesión no ligamento cruzado anterior que lle apartou das pistas durante gran parte da tempada.[4]
O 14 de xullo de 2018, Parker asinou un contrato de dous anos e 40 millóns de dólares cos Chicago Bulls.[5]
O 6 de febreiro de 2019, Parker foi traspasado xunto a Bobby Portis e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Washington Wizards a cambio de Otto Porter Jr..[6]
O 11 de xullo de 2019, Parker asinou cos Atlanta Hawks.[7]
O 6 de febreiro de 2020, Parker foi traspasado ós Sacramento Kings.[8] O 25 de marzo de 2021, foi cortado polos Kings tras xogar tan só 27 minutos en 3 partidos.[9]
O 16 de abril de 2021, Parker asinou cos Boston Celtics.[10]
O 7 de agosto de 2023, Parker asinou un contrato dun ano co FC Barcelona da Liga ACB.[11]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|